Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campaña en Madrid

miércoles, 04 de mayo de 2005
Non é que a campaña electoral (pre-campaña, ou como queira chamarse) teña empezado co anuncio do adianto das eleccións autonómicas. Estamos xa afeitos a que cada campaña comece inmediatamente despois do correspondente proceso electoral e, según esto, a campaña galega levaría perto de catro anos axitando as mentes dos nosos políticos e os ambientes nos que se moven.

O que ocorre é que canto máis se achegan os comicios máis se alteran os ánimos, e todo o mundo está á que salta. Especialmente os protagonistas do entramado político, tanto do goberno galego e o partido que o sustenta como da oposición.

O goberno galego ten como argumento excelente o Plan Galicia, do que tódolos galegos temos a conciencia de alomenos ter caído en desgracia. Fraga manéxao como arma arroxadiza, e Zapatero non responde axeitadamente pasándolle o tema a Solbes. Se tivese argumentos poderosos non tería necesidade de escudeiro por moi técnico e moi convincente que resulte. Solbes non vai poder explicar o que Zapatero non soubo. E eso nunca poderemos entendelo.

Fraga non vai debatir con Solbes, senón que recaba datos. Solbes que aínda non ven. Fraga que irá a Madrid pero, como é lóxico, quere como interlocutor ó Presidente do Goberno.

E aínda que pareza que indo a Madrid se sitúa en terreo do Presidente Zapatero, o certo é que a iniciativa é galega. Sexa cal fose o resultado, Fraga saberá sacar tallada: Se sae vencedor, e o Plan ou parte del, vai adiante, será o Presidente galego o que o consiga. Se non consegue nada, será porque o Goberno castiga a Galicia esquecendo compromisos do anterior executivo cunha autonomía sempre necesitada de fortes investimentos.

Ou sexa: que Fraga fará campaña en Madrid. Con resultado excelente, a menos que moito se torzan as cousas. Póñenllo en bandexa, e Fraga ten suficiente experiencia para aproveitar tódolos triunfos por pequenos que sexan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES