No charco de auga
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 24 de diciembre de 2012
Remato de debuxar unha andoriña nun charco de auga e o rapaz máis traste da aldea deixa caer unha pedra sobre o mesmo. As ondas mandaron ao garete o fermoso debuxo e a negra andoriña.
Si, ata na auga se lle notaba a color. Maldito rapaz do demo!
Lánzolle unha ollada desas nas que vai escrito todo o que se sente naqueles momentos, e el, o moi nugallán, tan só ensina os dentes nun sorriso burlón e demasiado pícaro.
Non obstante, seguín ao meu, a debuxar no charco de auga. De esguello miraba para o cativo e vin como o seu sorriso se trasladaba aos seus ollos, que se abrían e se abrían segundo se vía reflectido, debuxado no charco.
Gustoulle a súa traza, a súa cara. Tirou da miña solapa. Agachei. E plantoume un bico grande e sonoro na meixela dereita.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora