De volta de todo
Editorial - viernes, 21 de diciembre de 2012
Despois de trinta e sete anos de democracia formal, debe ser o momento de acceder a unha democracia efectiva, tomando como base a existente pero limpiándoa de todas as impurezas, os residuos que a xa longa navegación foi deixando pegados no casco, lastrando o navío e frenando o seu camiñar.
Que ninguén pense que as nosas xentes descoñecen o conxunto dos problemas, as causas dos conflictos, as carencias da nosa convivencia. O menos ilustrado dos nosos conveciños, do urbano ou do rural, ten unha moi clara idea do tempo que nos tocou vivir, da nosa organización política e social, das dificultades de antes e das de agora. E todos, sen distinción algunha, saben os remedios e as posibilidades deste tempo escuro que ten que cristalizar en algo diferente.
O que si está claro é que todos estamos de volta de todo. Ou de case todo. E que o que pense que non estamos informados, non nos preocupa, ou non queremos participar, está moi equivocado. O que ocorre é que nestes momentos estamos atacados dun certo fatalismo económico e social, coidando que esto ten que ter amaño pero ninguén parece ter interese en investigar por onde e cara a onde.
Fai falla unha refundación política para ilusionar e confortar conciencias. Fai falla unha renovación de espíritu máis ca de organización ou cadros das forzas políticas. E non estaría mal que xurdiran máis opcións políticas polas que poidan decantarse os que están desencantados das que actualmente se ofrecen á nosa consideración.
Estamos de volta de todo. Menos da preocupación e do interese polo presente e polo futuro.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora