Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Académico Darío

martes, 03 de mayo de 2005
As letras galegas teñen unha institución e unha xornada que acreditan permanencia e vitalidade. Primeiro foi a Academia, e logo a celebración, pero ámbalas dúas teñen tras de sí unha tradición, unha historia, e un prestixio, gañados a pulso.

A Academia veu de Cuba, en tempos que a progresía e a cultura apuntaban nos galegos de fóra, que aportaban ós da Galicia europea a forza, a ilusión e os medios que precisaban para entrar a participar no Rexurdimento. O Día das Letras veu da Academia, "inventado" entre outros por Francisco Fernández del Riego, que hai xa algo máis de corenta anos
estimou indispensable que un día ó ano se honrase ó noso idioma de xeito que os grandes da escrita fosen vendo recoñecido post morten o seu traballo e o seu estro.

Hai poucos anos, entrou na Academia Manuel María, o patriarca literario da Terra Chá, autor da que se considera Biblia dos chairegos. A entrada fíxoa a través da porta grande vilalbesa, no Auditorio da capital da Terra Chá, diante de centos de chairegos.

Desaparecido Manuel María, resulta de absoluta xusticia -por tódolos motivos- que entre no seu lugar na institución literaria galega quen foi o seu grande discípulo, e quen -como Darío- tivo devoción absoluta polo mestre ó que poeticamente cando menos chegou a igualar.

A pasada fin de semana, Darío Xohán Cabana foi admitido como membro de número na Real Academia Galega, na vacante producida polo pasamento do Manuel. Se a entrada na Real Academia do Manuel foi pola porta de Vilalba, gostaranos ir a presenciar a entrada de Darío pola porta de Saor (o seu Roás natal), ou da Feira do Monte, ou á beira da Lagoa de Cospeito. Se a frescura vital entra coa literatura de Darío na Academia, ben pode esta
celebrar o seu primeiro acto ó aire libre á beira da máis mítica das nosas lagoas, na que a tradición quere que estea sulagada a cidade de Valverde.

¡Noraboa, Darío, Académico e chairego!. 53 anos recén cumpridos, e varias ducias de libros imprescindibles na moderna literatura -prosa e verso- da nosa terra.

E ¡Noraboa!, Real Academia Galega, porque con nomeamentos así a Academia é cada día máis real (e Real), por acoller en tempo e forma a literatura viva que se produce no noso contorno para todo o mundo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES