Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lista de morosos

jueves, 20 de diciembre de 2012
O Ministro de Hacienda ven afirmar, soando a ameaza, que se poderían publicar as listas de morosos para xeral coñecemento, e como escarnio dos que non cumpren coas súas obrigas de contribuir na medida das posibilidades de cada quen ao sostemento do Estado.

E esa ameaza da a entender que a Administración ten diferentes varas de medir, segundo sexa a débeda e o debedor, porque se non non se entende.

Cando un particular ou unha empresa debe algo á Hacienda pública, ou ben paga no período fixado legalmente ou recibe unha notificación para un pago en período de apremio cun recargo dun vinte por cento. E cando ese apremio non é atendido, a Administración toma outras medidas entre as que está o embargo preventivo das contas correntes do particular ou empresa, e se esto non fose abondo pasando a embargar as propiedades das que dispoña o debedor.

Esto é o que hai que facer con calquera moroso. E se se ten feito, e cobrado mediante este procedemento de apremio, nada hai que publicar porque se saldan as contas con Hacienda.

Polo tanto, se se poden facer públicas as listas, quere dicir que non se emprenderon procedementos de apremio recaudatorio, nin sancionadores, ben sexa por falta de bens do interesado, ben porque fallou o sistema nalgún punto do procedemento.

Por iso dicimos o das dúas varas de medir. Con particulares e medianas empresas, o sistema funciona. ¿Falla con algún outro contribuinte, especialmente os máis relevantes ou poderosos?.

Ben fará o Ministro en explicarse axeitadamente. Porque ese desliz verbal é demasiado grave se non se xustifica axeitadamente. Por difícil que sexa a xustificación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES