Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marea blanca

jueves, 20 de diciembre de 2012
Desde o Preguntoiro

   Neste país, mentres a cidadanía sofre polos recortes e copagos sanitarios, medicamentazos e pagos   por  receitas. Mentres as persoas maiores falan asustadas sobre o pago para recibir o servizo de ambulancias, ollamos con desespero como intentan por parte deste goberno de privatizar o Sistema Nacional de Saúde, privatización que vai medrando día a día. Queren rematar cuns dereitos  acadados durante décadas de loita social. Todo vense abaixo pola propagación de ideas neoliberais de novo cuño, onde os seus sicarios encárganse de popularizar.

    Ante todo isto que nos ven enriba, admirable a loita dos traballadores da sanidade pública de Madrid (marea blanca), onde levan tres semanas de folga, paros e de manifestacións, sendo esta última hai uns días de multitudinaria. Están a dala cara para defender os dereitos de todos os madrileños, ogallá que o seu exemplo vaia sumando apoios a súa protesta en todo o país, porque só cando a cidadanía vótase en masa á rúa a reclamar a sanidade pública universal, porase dala volta a este mercantilismo inmoral. A sanidade non é gratis como algúns destes mamíferos-tertulianos dos medios de comunicación quérennos facer ver,  a pagamos todos e todos temos dereito a ela.

    ¿A que beneficia o desmantelamento da sanidade pública?. Capio Sanidad é o operador líder en España na sanidade privada, xestionando recursos sanitarios públicos, ou sexa, os cartos da cidadanía. Tres cuartas partes do diñeiro que move e gaña esta sociedade son públicos e está presente en sete Comunidades Autónomas, o seu principal accionista é un fondo de capital resgo de nome CVC Capital Partners con sede en Luxemburgo (paraíso fiscal), sendo a súa finalidade acadar ganancias para inversores privados e fondos de pensións. Esta sociedade ven sendo acusada de fedentas vinculacións políticas nos seus xestores e inversores (Rodrigo Rato, Ignacio López del Hierro – marido de Lola Cospedal -, Teresa Echániz – irmán do Conselleiro de Sanidade de Castela-León.

A saúde dun pobo non é un negocio
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES