Somos seres humanos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de diciembre de 2012
SOMOS SERES HUMANOS
Comentario a Reflexións sobre a igualdade
A Asociación de Mulleres do Campo a través da Uned Senior e patrocinado polo Concello de Aranga, acaba de publicar un video titulado Reflelxións sobre a igualdade. Pareceume moi interesante que os distintos sectores da población de Aranga se manifesten ó respecto e tomen conciencia da situación actual da muller rural galega.
Se mo permiten, como alumna da Uned Senior; eu tamén quixera facer a miña aportación como muller, en solidariedade coas mulleres de Aranga, de Galicia e do mundo enteiro.
En primeiro lugar, direi que non son feminista, nin machista. Son tan só un ser humano, unha persoa que intenta poñer os pés na terra, a cabeza ben alta sobre os ombreiros e a mirada nun futuro prometedor para tódolos humanos.
Son unha muller, pero se fora un home, pensaría o mesmo.
A mente ten xénero femenino, pero é común para ámbolos dous sexos.
Coñezo, aprecio e comparto con persoas da Uned Senior de Aranga e, por suposto, non me vou enfrontar con ninguén, nin quixera que ninguén se sentira ofendido. A miña é tan só unha aportación máis.
Eu observo, neste documetal, catro puntos de vista diferenciados pola
idade e polo sexo dos protagonistas.
Os adultos maiores, en xeral, recoñecen unha supremacía do home sobre a muller, aínda que constatan que a muller veu facendo moitos labores que esixen moita forza física coa mesma eficacia que os homes e que, según eles, a muller debe estar en igualdade de condicións co home.
Incluso hai mulleres que fan gala da súa forza física e das súas experiencias en labores moi pesados.
Outro grupo de mediana idade, principalmente mulleres, puntualizan máis na necesidade de que o home se implique nos labores do fogar. Este colectivo sente a necesidade do apoio masculino neste campo; porque tamén elas colaboran nos traballos agrogandeiros e noutros fóra da casa.
O terceiro grupo, fórmano os mozos, principalmente varóns que maifestan a súa boa intención de querer e tratar con moita delicadeza ás mulleres.
Vénseme á cabeza un adolescente que fai moitos anos me dixo que había de querer tanto á moza coma ó Neno Xesús. Confío que así o fixera.
O cuarto grupo é o da a infancia que se manifesta según as vivencias da casa: hai variedade de pareceres. Nótase que a situación non está consolidada.
Pois ben, agora tócame facer as miñas puntualizacións por se serven para aportar algo máis de luz sobre o caso que nos ocupa.
En primeiro lugar quero decir que os seres humanos non somos productos en serie. Non se nos fabrica como se fabrican os coches, os electrodomésticos, o vestido ou o calzado.
Para fabricar cousas, prográmanse unhas máquinas e unhas persoas para que determinada peza saia dunha determinada maneira: tódalas pezas son idénticas.
Os seres humanos somos froito do amor de dúas persoas de diferente sexo que en diferentes momentos emocionais das súas vidas dan lugar, unhas veces voluntaria e outra involuntariamente, a un novo ser que pode ser nena ou neno.
Unha nena é unha muller en potencia. Cada nena é diferente de tódalas demais nenas, incluso das súas propias irmás, se as tivera. Cada nena dá lugar a unha muller diferente, cunhas capacidades diferentes.
Un neno é un home en potencia. Cada neno é diferente de tódolos demais nenos, incluso dos seus irmáns se os tivera. Cada neno dá lugar a un home diferente cunha capacidades peculiares en cada caso.
Resumindo: cada ser humano ten o seu propio ADN, que é o seu verdadeiro DNI.
Chegado o momento de formar unha familia heterosexual (que é o caso que nos ocupa); encóntranse un home coas súas capacidades e unha muller tamén con outras diferentes. Ámbalas dúas persoas se teñen que gaña-lo pan, ben traballando por conta propia, ben por conta allea.
Ámbalas dúas teñen que organizar a vida doméstica onde se come, onde se lava, onde se cociña, onde se educa, onde se ama, onde se rí, onde se chora
etc.
Ese foi o programa que fixeron á hora de unir as súas vidas.
Para gaña-lo pan fóra da casa, no caso de Aranga, sendo unha zona agropecuaria de importancia, predominan os traballadores/as por conta propia na súa explotación; aínda que haxa casos nos que teñan que acudir á escasa industria da zona.
Nas faenas agrícolas vemos homes e mulleres traballando nas leiras, collendo herba nos prados, leña nos montes, etc
Esto ocorre en Galicia. Da muller galega e máis da vaca galega, fóra a alma e a figura, aprovéitase todo.
Mellor dito: aproveitábase todo.
Hoxe en día as cousas están cambiando para mellor.
Así como ata agora, a muller rural galega era algo así como unha criada sen soldada que estaba de garda as 24 horas do día sen respetar nin tan siqueira os seus ciclos menstruais, a xestación, o parto, a lactancia, ou incluso a enfermidade.
Chegou o momento que a Muller de Aranga igual que tódalas mulleres dos países desenrolados, teñen máis que conquistado o seu espazo a nivel persoal, laboral e social.
-A nivel persoal, ten dereito a ser respectada, apreciada e valorada como ser humano que é: tanto na casa como fóra dela.
-A nivel laboral, ten dereito a un traballo para o que estea capacitada en igualdade de condicións laborais, salariais e sociais que o home. A igual traballo, igual salario.
-A nivel social, ten dereito a andar con liberdade e dignidade por ese mundo marabilloso que é patrimonio de todos e todas.
Pertencen ó pasado cousas tan raras como:
-Que a Muller casada tiña que depender do marido para todo.
-Que a Muller non podía alternar na vida social dentro do que é digno para ámbolos dous sexos.
-Que a Muller non tiña acceso á universidade, a dirixir unha empresa, a gobernar un concello, un país
-Que a Muller non tiña voz e voto tanto no fogar como fóra del.
-Que a muller tiña que ser a escrava do marido, accedendo a tódolos seus antollos e incluso permitindo certos desordes extra-matrimoniais.
-E outras lindezas.
Pero quede ben claro que homes e mulleres somos diferentes. Por algo a naturaza nos manda deste xeito para o mundo. Somos diferentes e grazas a eso, podemos complementarnos. Complementarnos si, pero en igualdade de condicións. Nada de subordinación.
Depende do noso grao de complementariedade que o mundo funcione mellor ou peor.
Se desexámos un mundo feliz para todos é labor de todos e de todas, construílo.
¿E como o construímos?
DÁNDOLLES EXEMPLO ÓS NOVOS
Os novos son o futuro.
Pretémoslles atención.
Papás e mamás, por favor:
¡Fagano polo que máis queren!
¡Fágano para que os nenos e nenas teñan un mundo mellor e nós teñamos unha ancianidade máis digna!
XUNTOS, PODEMOS
Estamos no mellor momento.
¡Moito ánimo!

Cachaza Platas, Mercedes