Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As vítimas dos recortes

miércoles, 19 de diciembre de 2012
Unha sociedade sa e forte procura criar con saúde os seus fillos, atender debidamente aos doentes e desvalidos e protexer os últimos anos das persoas maiores. Mais vivimos nun momento cruel e nunha sociedade enferma que non aborda debidamente as que deberían ser obrigas principais. As forzas políticas dominantes están a desmontar o Estado de benestar para substituir a xustiza por caridade e os servizos públicos por negocios privados.

Nun tempo recente houbo quen amasou grandísimas fortunas (banqueiros, empresarios, especuladores financeiros, políticos corruptos, delincuentes varios), hoxe agochadas en paraísos fiscais. A crise económica actual non a pagan os seus principais responsables -que nin pediron disculpas nin devolveron o diñeiro-, senon os traballadores, os enfermos, a mocidade, os funcionarios, os vellos e os minusválidos.

España xa é o terceiro país da UE con máis risco de pobreza. O 27 por cento de poboación ten moi poucos ingresos ou padece privacións; xa somos o terceiro dos Vintesete con maior risco de pobreza, por detrás de Bulgaria e Rumanía. Hai máis de 12 millóns de persoas que están nunha situación de exclusión ou vulnerabilidade. A resposta a este momento dramático non é realizar recortes sociais e provocar máis sufrimento, senon restaurar unha política fiscal redistributiva que permita xerar ingresos públicos suficientes para manter e potenciar os servizos públicos. De non ser pola fiscalidade regresiva e pola entrega das empresas públicas rendibles aos amigos do presidente Aznar (Telefónica, Endesa, Repsol, Argentaria, Tabacalera) hoxe o Estado tería unha situación económica máis solvente para para afrontar a crise.

Detrás das cifras hai persoas que sufren e que se sinten atrapadas nun camiño sen saída. Cada vez hai máis traballadores atenazados polo medo ao despedimento, parados sen esperanza, persoas contratadas por salarios miserables, xubilados con poucos recursos e inmigrantes sen atención sanitaria. As crueis medidas impostas polo goberno fan que medre, día a día, o medo ao futuro, a desesperanza e a indignación. Hai moita xente dominada pola angustia e o temor, que mesmo se chegan a sentir culpables.

Hai persoas que ven a sua vida arruinada e son incapaces de tolerar tanta humillación.

Eu vivo e traballo nun barrio da Coruña, donde moitas familias traballadoras, nos últimos anos, ven como se deteriora a súa situación laboral e económica. Podería falar de decenas de persoas afectadas pola situación e feridas pola política de recortes. Mais só vou referir dous casos.

Non hai moito estivo na miña consulta unha señora de oitenta anos para ver que medicamentos se podían retirar da súa receita electrónica, por non ser capaz de pagalos todos: na casa viven un fillo coa súa muller e dous netos, todos eles dependendo da súa pensión (cincocentos euros). Máis recentemente un paciente de 42 anos, que loita desde hai máis dunha década cunha insuficiencia renal (tres días de diálise á semana, en transporte colectivo que agora tamén terá que pagar) despois de sufrir un rexeitamento do trasplante, envioume unha carta, que resumo a continuación, sen máis comentarios.

“Me considero en la obligación de darle información para que sea de su conocimiento y si usted lo estima oportuno puede usarla a su conveniencia con mi plena autorización; en ningun caso es una queja hacia su gestión de la salud familiar. Mi pensión es de 375 euros, ya insuficiente para soportar los gastos. Mi madre cobra una pensión buena pero cada vez resulta más difícil llegar a fin de mes. Podemos sobrevivir pero ya tenemos que prescindir de cosas que considerábamos elementales hace sólo un año. Me siento una carga para mi familia; cada vez que vamos a la farmacia y pagamos 40 o 50 euros- a veces más- me siento fatal; me consta que lo hacen con gusto pero yo no puedo evitar sentirme mal. Este sentimiento de culpabilidad me abruma y se suma a todas las angustias que usted ya conoce.

He tomado una serie de medidas que creo que irán en detrimento de mi salud si se sostienen en el tiempo; trato de prescindir del Fortasec –que ahora hay que pagar-, y tomar agua de cocer arroz para que no resulte tan oneroso para el presupuesto familiar (la bacteria de mi ingreso tan grave del 2008 me la han controlado pero me produce descomposición casi a diario). La higiene del catéter que va vía cava –directamente al corazón- la hago con toallitas (en vez de gasas estériles), procuro usar para esta higiene colonia o desodorante empañando las toallas de algodón. El Ferplex trae 20 viales por caja y costaba hasta hace poco 40 euros lo cual supone un gasto de 50 euros mensuales. Desde enero a noviembre mi hematocrito ha bajado desde 48 a 30%. Vuelvo a sentirme débil, me cuesta subir por pendientes y me agoto tremendamente. En fin, le ruego me disculpe esta redacción lastimera. Pero creo que deben estar informados de lo que han significado para los pacientes crónicos estos recortes. El ahorro se podría obtener de otras partidas menos dolorosas para la sociedad, salvo que se trate específicamente de dañar a estos colectivos más desfavorecidos.
La responsabilidad de esta carta es exclusivamente mía. Muchas gracias por todo; sin su ayuda y sin las facilidades que dio a mi familia yo no saldría adelante. Le deseo felices fiestas. Marcos”.

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES