Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Euro por receita

miércoles, 19 de diciembre de 2012
O goberno central está aplicado de xeito ben notable a obter rendementos de todas as posibles fontes de financiación para conseguir equilibrar as difícilmente equilibrables contas públicas, teimando en aumentar ingresos en lugar de facer especial fincapé na reducción de gastos en lugares de todos coñecidos e de procurar que aporten todos os que deben facelo de xeito proporcional ás súas posibilidades.

E os outros gobernos, os autonómicos, procuran igualmente aumentar os seus ingresos acudindo a todas as fontes posibles, aínda que algunhas sexan discutibles socialmente e, xa que logo, mesmo legalmente.

Así o goberno autónomo de Cataluña ven de aprobar a imposición do chamado ”euro por receita”, tanto por afan recaudatorio como polo efecto disuasorio que terá entre os afectados por estimar que só se solicitarán os medicamentos verdadeiramente necesarios.

O goberno central reclamará diante das instancias pertinentes por esta decisión autonómica por entender que o catalán se excede nas súas competencias e non pode plantear esta cuestión. Pero o verdadeiro problema váiselle presentar co “goberno amigo” da autonomía madrileña que pretende estrear 2013 cun imposto similar, entrando frontalmente en colisión co goberno central nun tema que debera estar formalmente pactado e razoado antes dun enfrontamento público.

Váisenos presentando o tema do “euro por receita” como un mal menor, como un feito irremediable, dentro da campaña de acoso que vimos sufrindo por parte das diversas administracións para comprobar ata onde chegan as súas forzas e as nosas posibilidades. Esto do “euro por receita”, visto está, é moito máis ca unha ameaza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES