Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anos e homenaxes

lunes, 17 de diciembre de 2012
Cando naceu o Dia das Letras Galegas era momento ben difícil parA que unha iniciativa coma esta xurdira e se mantivera no tempo. E sen embargo era tal a súa necesidade e o momento xeitoso para que agromara, que leva xa cincuenta anos de vida e o seu impacto social garante que lle quedan moitas primaveras por diante.

Como a iniciativa foi de dous galeguistas que a fixeron medrar dentro da organización e do espírito da Real Academia Galega, é agora a nosa Academia a que promove cada Día, elixindo o persoeiro ao que se lle dedica, e levando adiante todas as celebracións que se promoven arredor da figura homenaxeada.

Pero dun tempo a esta parte celébranse outras homenaxes a escritores con motivo dalgunha data sinalada ou conmemoración da súa vida, tendo sido neste ano Celso Emilio Ferreiro o escritor centro da celebración co gallo de cumprirse este 2012 o centenario do seu nacemento, que xa tivo no seu momento a homenaxe do "Día das Letras Galegas".

Parece unha duplicidade de homenaxes, unha descoordinación de iniciativas, e sen embargo hai que velo como un florecemento das nosas letras, unha lembranza viva de escritores desaparecidos, unha manifestación de vontade de atención aos creadores das nosas letras.

Quizais un pais coma o noso, cun idioma tan fermoso e vivo, con centos de escritores homenaxeables, non se conforma cun só día – e un só persoeiro homenaxeado- dedicado á lingua e á creación literaria. E entón estará ben esta dualidade de celebracións. Pero tamén parece querer indicar que unha vez pasa o día correspondente ás Letras, se cambia de tercio e se pasa a outra cousa.

Esto, pensando que a política non teña nada que ver nesto, porque esto non debe ter nada que ver coa política.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania