Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A moverse!

lunes, 17 de diciembre de 2012
De rapaz o sangue fervía porque era cando tiña que ferver, porque non asentabas, andabas de aquí para alá, corrías continuamente, incluso cando ías buscar un sacho e sabendo que era para suar gotas de dor.

De mozo, o sangue segue a ferver por case o mesmo e, por que non, polas mulleres, aínda que moitos fósemos pasmóns durante toda a vida.

E agora, de vellos, volves case á idade da nenez porque os fillos, que son rapaces, fante mover á velocidade dos tempos actuais. Que se actividades extra escolares, que se deportes, que se academias, que se nun lugar, que se noutro, que se coche de aquí para alá...

Ás veces, e a pesar de que teñas un esquema debuxado, erras na consecución. Que non era neste sitio, que era naquel. Que non tocaba isto, que tocaba aqueloutro. A moverse tocan!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES