Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cristián coherente aposta pola esperanza

lunes, 02 de mayo de 2005
Como non vai apostar se ten asumido a Palabra/Promesa de Xesús de que "o Pai lle doa o Valedor, (o Espírito da Verdade), para que o acompañe na súa vida!?". Aínda máis: "daquela, coñeceredes que Eu estou en meu Pai, e vós en Min, e Eu en vos"... porque "o que me ama, será amado por meu Pai e Eu amareino e manifestareime a el".( Xoán, 14,15-21). Somos Familia de Deus!

Diso fálanos Xesús. Se vivimos na fe/confianza, coherencia e familiaridade con Deus, estamos a dar "razóns da esperanza", do que cremos. Nun mundo que pide "razóns e porqués" é preciso se note que a fe é unha convicción pensada, razoada, viva, ..como froito do noso seguimento do Señor Resucitado, con Quen tentamos integrar e configurar o noso xeito de actuar. A fe é para a vida!

A situación da Humanidade parece non ter saída. Non é doado atopar signos de esperanza neste mundo, cheo de mentiras, fames, guerras, mortes. Demasiadas mortes! A situación crea medos paralizantes ante as ansias de vivir. Que futuro pode haber ante o imparable paro, a desigualdade, a contaminación, a inxustiza?; que vai ser da familia, da xuventude, dos vellos, dos enfermos?; da paz, dunha vida digna para todos/as!?; que vai ser da Igrexa e das novas xeracións ante o laicismo e o hedonismo que enchen as vellas comunidades cristiás de Occidente?

Abonda a frustración respecto á posibilidade de acadar algo de paz/felicidade. A maioría das persoas malviven sen ilusións "sen razóns para a esperanza".Ten de ser duro comprobar como se rachan as máis elementais das aspiracións humanas. Xa moitos se preguntan, que foi dos "dereitos humanos" ( do dereito á vida, á saúde, á educación, á comida, ó traballo..?.) que seguen a estar sen estrear en moitos partes do mundo do Sur e nos arrabaldos das nosas grandes cidades!?.

Cómpre arrincar o mal desta nosa sociedade tan maltratada. Hai medios. Falla vontade de intentalo, de ir á busca de novos camiños para saír da situación. É preciso escoitar os desafíos deste tempo. Na noite hai luz porque hai moita xente solidaria que está a traballar como fixeron as primeiras comunidades cristiás e seguren a facer as que acollen a Boa Nova de Xesús e que o Espírito converte en vida. Os males deste mundo teñen cura cando apostamos por vivir nas actitudes do Evanxeo.

Deus segue a transformar a vida e o mundo coa forza do seu Espírito.Invítoos a facer nosa a chamada dun amigo: "arestora, uns optan pola desilusión, algúns pola agresividade, outros polo triunfalismo...Eu, desde a miña pobreza e con toda humildade, apoiado no Señor e na Boa Nova, aposto pola esperanza".
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES