Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aluguer cero

viernes, 14 de diciembre de 2012
A administración competente – que ás veces é máis dunha- leva tempo teimando en que merquemos menos vivendas e aluguemos máis, pretendendo convencernos de que neso teñen máis razón os habitantes doutros paises europeos onde a cultura do aluguer está moito máis arraigada ca no noso.

Poden ter razón, pero a nós é difícil desmontarnos desa convicción de que é mellor ter un lugar propio onde refuxiarse das inclemencias exteriores, sen ter que depender de ninguén, sen ter en conta que ao ser pequenos propietarios entramos noutra dinámica de custos que habería que calcular axeitadamente para establecer as vantaxes ou non do sistema.

Procedentes dunha época de carencias absolutas, nos anos sesenta do pasado século demos en teimar en ser propietarios dunha vivenda, piso, chalet ou calquera tipo de edificación, pensando que se vai aforrando pouco a pouco, ou pouco a pouco se paga unha hipoteca. pasando a ter unha propiedade que nos sitúa a un nivel moito máis elevado ca o que ostenta un alugueiro.

Mesmo o desideratum das últimas décadas do pasado e comezo do actual século foi o de mercar os pisos que un boamente puidese para, habitando nun deles, poder alugar os restantes e obter un sobresoldo ou un excelente complemento ou sustitución á pensión de xubilación.

A crise rematou con este estado de cousas, e hoxe posuir unha segunda vivenda é unha carga tal que se están producindo alugueres a custo cero, mesmo con pretexto de axuda ás persoas con problemas económicos graves, a cambio de que o alugador corra cos gastos xerais do inmoble, comunidade, auga, luz, IBI, e similares, difíciles de atender por moitos dos que pensaron facer un gran investimento na compra dunha segunda vivenda.

Neso andamos. Fomentando o aluguer, mesmo gratis, para contribuir a solucionar problemas, andar unha travesía do deserto ata que esto volva a funcionar. Que nunca será como foi. Pero ten que ser bastante mellor do que agora mesmo estamos comprobando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania