Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palestina: agridoce ingreso na ONU

jueves, 13 de diciembre de 2012
Como histórico pero politicamente simbólico pode cualificarse a aprobación realizada pola Asemblea Xeral da ONU, sobre a inclusión de Palestina baixo o estatuto de “Estado observador non membro”. A contundente votación a favor, plasmada na aceptación por parte de 139 países, con 41 abstencións e só 9 votos en contra (entre eles, obviamente, Israel e EUA), lle confire a esta votación un carácter incontestable de lexitimidade.

Non obstante a histórica votación, o momento palestino adoece de preocupantes claroscuros. A recente e cruenta ofensiva militar israelí contra Gaza e a decisión do goberno de Benjamín Netanyahu de construír 3.000 novos asentamentos en colonias xudías en Cisxordania, así como de conxelar os fondos de desenvolvemento nos Territorios Palestinos, confirma que se ben a votación na ONU exercerá dalgún xeito algún tipo de presión cara Tel Aviv, o factor real de poder e decisión sobre Palestina segue inexorablemente en mans israelís.

A ofensiva en Gaza, os novos asentamentos en Cisxordania e a votación na ONU enfilan perspectivas políticas e incluso de carácter electoral tanto para Netanyahu como para o presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP), Mahmoud Abbas. Todo isto sen menoscabar en que medida este contexto inflúe no evidente avance da popularidade do movemento islamita Hamas dentro do fraccionado panorama político palestino.

Para Netanyahu, calquera decisión política actual estará intimamente enfocada de cara a súa influencia nos comicios parlamentarios israelís pautados para o próximo 22 de xaneiro de 2013, onde a coalición dereitista do partido Likud e da ultradereita de Yisrael Bietanu, liderada polo polémico ministro de Exteriores Avigdor Lieberman, encamíñase cara unha probable reelección. Mais que o recoñecemento palestino na ONU, a preocupación da alianza Netanyahu-Lieberman está enfocada na contención dun Irán con programa nuclear e a implicación de Teherán nos contextos políticos palestino (a través de Hamas), libanés (a través do partido islamita Hizbulah) e Siria, tomando en conta os tradicionais nexos iranianos co réxime de Bashar al Asad.

Pola súa banda, a histórica votación na ONU lle confire ao presidente palestino Abbas dun indubidable “espaldarazo” político con pretensións de recuperar a imaxe do partido laico e nacionalista Al Fatah como principal referente da causa palestina ante o empuxe dun Hamas cada vez mais popular entre a mocidade palestina, debido a súa inquebrantable resistencia contra as ofensivas militares israelís en Gaza tanto en 2008-2009 como na actualidade. Dúas ofensivas, as israelís, realizadas en vésperas da toma de posesión presidencial en Washington de Barack Obama, quen asumirá o seu segundo e último período o próximo 20 de xaneiro, dous días antes das eleccións parlamentarias israelís.

Dificilmente un Obama incapaz de reverter a alianza con Israel e preocupado pola crise económica en EUA logrará reimpulsar unha negociación de paz en Palestina que a Netanyahu, claramente, non lle interesa. Tampouco poderá facelo unha Europa politicamente dividida ante o estatuto palestino na ONU, tal e como se evidenciou na votación da semana pasada. A ecuación en Oriente Próximo non pasa aparentemente por solucionar o problema palestino senón por conter a Irán e observar qué sucederá coa post-Primavera árabe.

Este marco de distanciamento e aparente indiferenza internacional sobre o que sucede en Palestina permite a Israel enfocar nos seus verdadeiros intereses, en detrimento dos intereses palestinos. Neste escenario fragmentado, só resta observar se o histórico ingreso palestino na ONU poderá imprimir un peso político menos simbólico e mais real.
Mansilla Blanco, Roberto
Mansilla Blanco, Roberto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES