Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despidos nas administracións

jueves, 13 de diciembre de 2012
Ata o de agora, quen entraba con praza fixa nunha Administración tiña a vida administrativa – e a outra- asegurada, de maneira que ata o fin dos seus días non deixaría de figurar na estructura correspondente, cos emolumentos propios e a consecución de dereitos de antigüidade, xubilación e todo o que viña ao caso.

Fose a través dunha oposición, concurso-oposición ou calquera outro sistema máis ou menos aberto ao público en xeral, o acceso ás diversas administracións e entes afíns, era garantía de perennidade, sendo precisamente a fixeza e o dereito a un posto de traballo a característica máis ostensible dos escalafóns da Administración.

A crise, que logo cumprirá un quinquenio na súa manifestación máis clara e directa, está conseguindo derrubar prexuicios e muros que se coidaba imbatibles, e vai rebaixando apetencias, dereitos, esperanzas, de maneira que ven ser “tabula rasa” en moitos sectores, véndose vir na Administración que tampouco eses dereitos serán absolutos e inamovibles no futuro.

Polo de pronto, sábese que na Deputación de Ourense o Presidente Baltar vai prescindir de 32 dos 725 empregados da institución por medio do primeiro Ere que se coñece nunha administración pública en Galicia. Pero xa se sabe que nas administracións o caso é comezar cunha acción ou moda, que logo nas demais por puro mimetismo se afrontarán medidas similares para solucionar similares problemas.

No caso da Deputaciónb de Ourense son traballadores laborais indefinidos os que perderán o seu posto de traballo. Por agora, non afecta a funcionarios, que teñen garantida a súa permanencia en base ás normas de convocatoria da súa correspondente oposición. Pero é unha primeira pedra dun edificio – en destrucción- despois da que poden vir moitas máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania