Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O leite, líquido non inflamable

miércoles, 12 de diciembre de 2012
Do mesmo xeito que o leite é un alimento e un elemento perecedeiro, o conflicto que hai pouco sacudeu Galicia pode parecer terse solucionado temporalmente, pero volverá aflorar, porque aínda que as augas volvan aos seus cauces, o problema vai continuar por moito tempo.

O negocio do leite en Galicia, con milleiros de pequenos e medianos productores, xurdeu no momento en que –quizais a mediados dos anos sesenta- as empresas transformadoras empezaron a recoller o leite polas casas, suprimiuse o “desnatado” e comezaron a instalarse tanques de frío para poder manter as condicións do leite durante un tempo.

E Galicia viviu do leite, impulsou centos de pequenas explotacións, mecanizáronse estas granxas, e algunhas procuráronse prados para alimentar o gando mentras que moitas outras sucumbiron á facilidade da alimentación por piensos. Chegados ao momento actual resulta que producir un litro de leite custa entre 33 e 36 céntimos, pero os gandeiros cobran por el 29 céntimos (aínda que esto poida cambiar algo), o que os ten abocados a un calellón sen saída estimándose que, se estas condicións persisten, a inmensa maioría das empresas do sector terán que pechar moi axiña.

Entendendo que un sector coma este, primario e básico para a economía do país, non pode quedar ao libre albedrío dun mercado no que xogan demasiados factores, entreles a importación de leite doutras comunidades ou doutros países desestabilizando o mercado, nótase en falta unha política de firmeza na defensa deste sector, alomenos tan decidida coma a que os gobernos teñen emprendida na defensa das entidades bancarias como columna vertebral do sistemaeconómico, aínda sabendo que as directrices europeas non deixan demasiada capacidade de maniobra e compre moita intelixencia para encontrar camiños de liberdade.

Máis de seis millóns de litros de leite ao día, tirados ou regalados, son a cuota de leite que os gandeiros tiveron que pagar por facer valer a súa forza diante dunha situación que estiman inxusta e insoportable, que ninguén pode contemplar impasible. Magoa que sexa preciso un sacrificio coma este para facer valer uns dereitos que sobrepasan a un sector determinado. E fainos pensar que unha causa coma esta si podería ser motivo dunha folga xeral, e orixinar unha postura común de todas as forzas políticas e sindicais, todas as forzas vivas do país, para evitar un desastre irreparable.

Pero vese que o leite é un líquido non incendiario, nin siquiera inflamable como para facernos estoupar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES