Arquitecto
Editorial - miércoles, 12 de diciembre de 2012
Hai medio século, en cada cidade galega había unha media ducia de arquitectos, deles a metade dedicados á función pública, co que estes especialistas eran unha rara avis no acontecer social e económico, coa conseguinte rendibilidade nestes dous campos.
Evoluíu o mundo da construcción e promoción, naceu unha Escola de Arquitectura na Coruña, e Galicia foise enchendo de arquitectos do país, que foron cubrindo as necesidas de institucións e de particulares, sempre a un nivel proporcional ás responsabilidades, formación e traballo destes profesionais.
Mesmo os constructores e promotores procuraban suscitar entre os
seus descendentes a vocación de arquitecto na seguridade de que, naquel tempo glorioso no que a construcción era o principal motor da economía, a seguinte xeración de empresarios ía poder compatibilizar cada iniciativa co coñecemento e exercicio de especialista, para evitar dispersión nas decisións.
Cae a actividade económica, coa rapidez dun imperio, e chégase ao momento actual en que todo está baixo mínimos, entre outras actividades a de arquitecto, na que boa parte dos profesionais está suxeito ás baixas temperaturas que rexen no mundo empresarial.
O peor dos síntomas é o que reflicte o colexio oficial de Arquitectos de Galicia que pecha as súas sedes provinciais e despide aos seus traballadores, restrinxindo os escasos visados de obra ao sistema electrónico a través de Internet.
Mellorarán os tempos, non cabe dúbida, e o que saiba e poida agardar poderá contemplar o rexurdir dun sector que nunca debeu ter tan principal papel social, nin tampouco caer ás produndidades nas que agora se atopa. Ser arquitecto é algo moi importante pola responsabilidade destes especialistas, e o seu papel superado este trance difícil - volverá a ser importante nunha sociedade que nalgún momento deberá tocar fondo e tentar emerxer.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora