Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Baldomero Iglesias Dobarrio

Fernández Abella, Xoán Xosé - miércoles, 12 de diciembre de 2012
Intervención de Xoan Xosé Fernández Abella na presentación do libro "No papel que mudo escoita", de Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), na Estrada:

Moi boas noites, compañeiras e compañeiros, amigas e amigos:

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa asistencia e grazas tamén á Asociación Cultural Vagalumes e á súa presidenta Clara Iglesias Cortizo por invitarme a participar nesta presentación de "No papel que mudo escoita", do poeta, cantor e compositor Baldomero Iglesias Dobarrio, "Mero", e que tan certeira e profundamente ilustra Sabela Arias Castro. Meu agradecemento tamén á Asociación Cultural Xermolos e á Irmandade Manuel María da Terra Cha.

Crédeme que estou moi satisfeito por participar na presentación e pola compaña dos meus destacados e benqueridos amigos Alfonso, Xulio, David, Mini, Mero e Raúl.

Desde fai xa moito tempo considero a Mero un gran poeta, coas virtudes que eu exixo ós grandes poetas: corazón, coherencia, valentía, amor, amor á Xustiza, á súa -e nosa- terra, ás súas xentes, especialmente ás máis traballadoras, humildes e explotadas, e un longo e positivo, etc.

Quero ser breve. O libro emocionoume e encantoume. Escoller algún poema é tarefa case imposíbel, pero eu aventureime por tres:
unha denuncia moi valente e actualísima, que comparto plenamente; outro poema á súa mai, tan presente na súa obra (tamén o está o pai), e outro á muller, que está tamén multipresente na súa creación.

Abro a miña participación, recitando un poema meu, que escribín onte, con sentimentos de sempre, e que se titula: "A Baldomero Iglesias Dobarrio", "Mero", polo seu libro: "No papel que mudo escoita".

O primeiro del que recito é o que comeza:

"Son moitos que dormen
na propia suor..."

Síguelle: "Aparécesme mai sempre que fago reconto de amor"...

E o terceiro é: "Dime do amor"...

Grazas a todas e todos polo vosa atención, e para ti, benquerido amigo, poeta e compañeiro a máis fonda noraboa e aperta.

-------------------------

A BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO, "MERO"
POLO SEU LIBRO "NO PAPEL QUE MUDO ESCOITA"

"No papel que mudo escoita"
brilla Mero creativo,
amoroso e combativo,
en prol do auténtico en loita.
A voz da Xustiza escoita.

Música, Lingua, Paisaxe,
muller, familia, equipaxe
son da súa lira lograda.
Contra o traidor e súa nada,
todo o desprezo e coraxe.

Os Tilos, 06 de Decembro de 2.012
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES