Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saber mercar

miércoles, 12 de diciembre de 2012
O solsticio de inverno xa era para os romanos (a. de Xto,) tempo de agasallos entre amigos e parentes, pero agora na época do consumismo converteuse nun galano para exercer a nosa liberdade creadora. Arestora vivimos acosados pola voráxine da publicidade que nos asulaga, e temos que dispornos a saber escoller e decidir por nós mesmos, pero xogamos con ventaxa, a domicilio; eles, as multinacionais productoras e transformadoras, só nos consideran números, utilizan todas as artimañas para envolvernos co que queren vender, aquí e máis acolá.

Pola contra, nosoutr@s fomos asimilando esa sabedoría que nos transmiten as e os avós, e non mercamos gato por lebre. Por iso no Nadal embarganos o recendo das mazás, que estiveron agardando todo o outono, mimadas na casa, e non entramos na clasificación manipulada de mazás de primeira ou segunda división, rexeitando as froitas dos nosos campos, deslumbrados polas cores e formas artificiais desas outras que despistan na área comercial, sen o sabor das nosas.

Chegouse a tal engano, que algún estado tivo que tomar medidas ante esta imposición discriminatoria na cadea da alimentación, co que supón guindar ó lixo tabardillas ou outras, porque non teñen a cor e a talla das que eles fan medrar artificialmente con aditivos e químicas que descoñecemos.

O nadal arde en luz, non só a dos escaparates, tamén a da bonhomía que sabe valorar o esforzo d@s labreg@s por seguir achegando esta alimentación sá, un sinal do noso agradecemento á xente que comparte a nosa andadura.

Saboreando o que inza cabo de nós, apostamos pola Nai Terra e polos que a coidan, productores e vendedores, e medramos en saúde. Non ignoremos esta oportunidade, para enfortecer o tecido productivo da comarca. ¡Como disfrutamos mercando aquel queixo que elabora con tanto agarimo a veciña!, coñecendo o leite, proceso, etc., que agora chega a todo o mundo grazas ás queixerías que saben unir as novas tecnoloxías cos ritmos da natureza. Xa vemos onde nos levou a tiranía dos mercados, obrigandonos a entrar polo seu aro unidireccional, o dos intereses económicos.

Así, a UE está a apoiar a industria farmacéutica, e non dispensa licencia sanitaria a remedios naturais que forneceron de saúde os nosos ancestros, cando acudían a árnica para curar os males da pel, ou á herba doce ou stevia, coma edulcorante, que as administracións, valedoras das azucareiras, non deixan entrar no trato comercial.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES