Vodas
Editorial - jueves, 28 de abril de 2005
Se examinamos as enciclopedias en vigor, resulta que Casamento ven ser un Contrato feito coas solemnidades legais entre home e muller, para vivir maridablemente.
A mesma enciclopedia di que Matrimonio é unha institución social, recoñecida como lexítima pola sociedade, consistente na unión de dúas persoas de distinto sexo, para establecer unha comunidade de vida, sexual, económica, etc....
Desde o punto de vista do dereito, Matrimonio é un Contrato bilateral entre dúas persoas de diferente sexo, e desde o punto da relixión católica é un sacramento instituído para santifica-la lexítima unión entre o home e a muller.
Esceas de vodas entre persoas de distinto sexo aparecen nas obras de Bruegel, Teniers, Delacroix, Fortuny, Rafael ou Rembrandt
Puñéronlles música Stravinsky ou Mozart
e ata García Lorca describíu unhas vodas de Sangue.
E, de repente, legalmente, todo esto cambia. Nin siquiera na vella Grecia, onde a homosexualidade era case unha virtude, se chegou a tanto.
Agora, as autoridades civiles e militares (as eclesiásticas, non) están obrigadas a casar a gais e lesbianas, por imperativo da Lei.
Non é extraño que a algúns se lles faga costa arriba superar esta novidade, e agarden a que cambien as enciclopedias para adaptarse ás circunstancias.
E, sen embargo, a Lei é a Lei. E hai que cumprila aínda que a alguén non lle goste. Se hai que matrimoniar a unha parella de similares cromosomas, pois matrimonien o que faga falla.
E o que non estea dacordo, que pense cando vaia votar, que o seu voto decidirá en case todo o que vai pasar no futuro, desde as vodas gais ata a política pesqueira da U.E.; desde os consellos de administración das entidades de aforro ata as declaracións de guerra ou de paz.
En fin, que o de casar é só un síntoma de por onde van as cousas.
Todo cambia; tamén deberán facelo as enciclopedias, aínda que estas seguro que o fan máis rápido que algúns políticos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora