A semana de Diaz Ferrán
Editorial - martes, 11 de diciembre de 2012
Non hai semana sen o seu acontecemento e, polo tanto, sen protagonista. E a semana pasada foi a de Díaz Ferrán, que nos seus momentos de esplendor popular chegou a ser Presidente da Confederación de Empresarios de España, e en mellores momentos económicos a dirixir empresas punteiras relacionadas co mundo do turismo.
Nestes momentos, o presunto Díaz Ferán, ao que se lle pide a astronómica cifra de trinta millóns de euros como fianza para librarse da prisión, disfruta dos beneficicios de estadía penitenciaria con cargo ao erario público, agardando que o correspondente xulgado mova o seu asunto cara ao destino que corresponda.
A pasada semana foi a de Díaz Ferrán, e o impacto na opinión pública sobre a súa detención é a badalada correspondente aos últimos días nun tempo no que acontecementos coma este impactan na opinión pública, e veñen acreditar que a falla doutros motores que nos inspiren nos movemos a golpe de noticias económicas tinguidas de cor xudicial para indicar que quen mal anda mal acaba, e mellor é resultar damnificado pola evolución da economía ca ser centro de calquera investigación con resultado positivo.
A referencia a Diaz Ferrán non se agota nunha soa semana senón que transcenderá ao futuro. Alomenos, ata que a próxima hecatombe social o relegue ao baul dos recordos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora