Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con cargo ao presuposto

lunes, 10 de diciembre de 2012
O tema da compensación aos autores e editores por copia efectuada das súas crecións vai camiño de ser a historia de nunca acabar, non tendo polo de agora nin siquiera camiño válido para que chegue a bo porto.

Que os autores e os editores teñen dereito a ser compensados polas copias que se efectúen por particulares ou institucións das súas creacións, todos estamos de acordo, máis se temos en conta as facilidades técnicas que existen ao dispor de calquera persoa con acceso normal ás novas tecnoloxías.

Para solventalo, optouse polo máis doado, impoñendo un canon a aboar polos adquirentes de aparatos susceptibles de ser utilizados para a copia de creacións en soporte audiovisual ou papel, co que calquera persoa pagaba dunha vez a parte que lle correspondía pola mera adquisición dun aparato aínda que durante toda a súa vida non fixese unha copia deste tipo.

Anulado este sistema porque as institucións europeas non o estimaron xusto, subsistía e subsiste a necesidade – esixida polas autoridades competentes- de arbitrar compensacións para os creadores e os editores que sufran merma nos seus dereitos e percepcións por esta práctica. E o último que se lle ocorre ao goberno central é incluir no presuposto xeral do Estado unha partida á que cargar estas compensacións, co que se segue a producir a tremenda inxustiza de que todos paguemos pola práctica de outros, sen conseguir repercutir unha acción cuantificable nos verdadeiros usuarios deste servicio cultural.

Para calquera goberno, o máis doado é cargar ao Presuposto un tema coma este, conflictivo, difícil, que ten que ter outro ben diferente tratamento, máis intelixente solución. Esto non é máis ca dar un pau de cego, agardando por nova decisión superior que tamén declare improcedente un sistema improcedente en si, inxusto e arbitrario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania