Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patriota Díaz Ferrán

lunes, 10 de diciembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

O ex-comandante en xefe da CEOE Díaz Ferrán foi detido e acusado de branqueo de diñeiro, alzamento de bens e outras herbas. Claro, o cuco e super empresario, quería irse de “rositas “ cos cartos fora do país. Este é o que pedía moderación salarial, reformas laborais para despedir doadamente e menos impostos ás empresas. Era aquel que quería transformar o ICO na banca empresarial co obxecto de repartir “cartiños frescos” entre empresarios en dificultades...... sen que os patróns apoquinen un euro nin baixo a fórmula de ampliación de capital. En realidade o que propoñía o “camarada” Ferrán era meter man no diñeiro público, trincar, ata baleirar a caixa.

Recomendaba aos traballadores que traballaran máis e cobrar menos. Carallo para o elemento, seguro que con esta fórmula quería acadar o máis pronto posible o “quiñón” para levalo para eses paraísos dos patriotas. Unha das cousas que máis sorprendeume, foi a vea filosófica que lle saíu cando lle dixo á Esperanza: “Aguirre, eres cojonuda”.

Este home é o espello de case toda esa caterva de grandes empresarios, que se non hai explotación laboral, impostos baixos e subvencións non son capaces de crear ren, o típico que abunda entre esa clase de empresarios “patriotas” ao carón das políticas neoliberais que exercen desde o poder.

Toda esta manada conxuntamente practican o terror, porque orixinan terrorismo social, sufrimento, desesperación e suicidios.

Que saque o Goberno dunha vez a lista dos defraudadores que lle entregou Francia e que teñen agochada, que se deixen de lerias, pois cada día que pasa este país dos despropósitos vaise apodrecendo coa descomposición deste sistema caducado. Agardemos que esta detención non sexa unha representación circense coa que nos ten acostumados este goberno con tantos indultos, ata chegaron a indultar dúas veces a policías torturadores.

O malo é que moitos españois temos que convivir con xente que segue votando a corruptos sabendo que o son. Mala chispa os coma.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES