Labrego sen sacho
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 10 de diciembre de 2012
Deixo descansar as costas sobre o respaldo da cadeira e imaxino o catavento que teño sobre a miña cabeza. Un golpe de aire móveo con dirección ao silencio dun parágrafo cheo de ruído.
Unha picada de dor atravésame unha vértebra e debúxase ante os meus ollos a ferramenta que baila nunha tarde chea de escravitude e suor. Quero que asome un sorriso aos meus beizos, pero o cansazo é de tal magnitude que simplemente noto un triste ricto na miña cara.
Incorpórome amodiño da cadeira, non vaia ser que rompa definitivamente coma un xogador sen balón. Agora mesmo son un labrego sen sacho. Pero chegaron catro horas para que esa ferramenta che esculpira na cara un triste ricto.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora