Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paradores de Turismo

viernes, 07 de diciembre de 2012
Hai cuestións que resultan simbólicas a efectos de determinar a transcendencia dun determinado acontecemento. Eso acontece cos Paradores de Turismo que se pretende pechar. É un síntoma moi grave.

Os Paradores de Turismo foron os adiantados do boom turístico español, e un dos elementos que o favoreceron. O que logo foi Presidente Fraga fixo fincapé no apoio destas instalacións para facelas estandartes da apertura ao turismo dos núcleos onde estaban enclavados.

Os Paradores proporcionaban servicios a un moi alto nivel, e foron exemplo para todos os establecementos de hostelería, e arredor deles foise xerando un negocio turístico que foi elemento clave para chegar á sociedade de hoxe e ao actual nivel de turismo e de vida.

Houbo sempre paradores deficitarios, pero o resultado dos demais compensaba unha existencia e unha función na que o menos importante era gañar diñeiro senón propiciar que o gañasen todos os demais, os negocios da iniciativa privada.

E de repende pechan paradores, definitiva ou provisionalmente. E non entendemos nada. Porque se falla esta palanca de potenciación do turismo parece que se renuncia a fomentar esta actividade desde o estamento oficial. Pechan paradores e non entendemos nada. E plantéasenos a dúbida de se os rectores de Paradores entenden o que pasou, o que pasa, e o que vai pasar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES