Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As rotondas do vitimismo

miércoles, 05 de diciembre de 2012
Uno no está derrotado cuando lo vence el enemigo, sino cuando acepta la derrota

Seino, claro que o sei! Sei que vivimos na democracia da falacia, moi ben orquestrada por unha clase política e financeira á que nada parecen importarlle as consecuencias de todo isto. Sei da manipulación informativa e da broza que hai que limpar ata conseguir unha análise medianamente obxectiva da realidade. Sei de historias de vida incribles que xamais terán un minuto en medios de comunicación feitos viveiros para mediocres. Sei que hai unha ocultación da parte máis cruel da crise, revestida de datos macroeconómicos que ninguén entende. Seino, claro que o sei! Pero non podemos caer no vitimismo.

O vitimismo é unha rotonda que pouco a pouco nos vai cegando todas as saídas a través do medo, para facernos xirar permanentemente sobre o eixo da propia desgraza. Entón basta con non crernos capaces, para que a mentira e a manipulación nos ate fíos de monicreque e nos faga ao seu antollo. Quizais por isto, o vitimismo é tan rendible para o poder...

Neste momento basta o vitimismo para esnaquizar o que é posible. Por
iso non podemos caer na súa trampa. Unha trampa que significa ceder ante o poder que o sementa, poñerse ao seu dispor; ou ben darlle razóns para xustificar a intolerable violencia estrutural que fomenta e exerce.

É hora de actuar, de sumar ilímites e de facer interdependencias cara un mundo mellor, de todos e para todos. Neste camiño probablemente atoparemos múltiples pedras que dito poder amoral tentará poñer nas nosas rodas, pero só quen non teña medo será axente de cambio. A razón é nosa, só nos resta facela valer.

O outro día nunha charla sobre o ilímite alguén me reprochou que non falase máis da situación actual: do paro, dos desafiuzamentos, das coiteladas ao benestar. Pois ben, coido que o fixen moitas veces dende esta fiestra, mais penso que xa non chega con recrearse na traxedia, toca erguerse da rotonda, xerar ideas e preguntarse: “que podo facer eu?”, porque o vitimismo é só iso!: unha rotonda sen saída que nos aboca ao medo, á demagoxia, á perda de liberdade, á parálise e á morte.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES