Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De políticos e de cheiros

martes, 04 de diciembre de 2012
Nos pobos danse de cando en vez episodios que reflicten actitudes e actuaccións sorprendentes, insólitas, e mesmo contradictorias, protagonizadas sobre todo por esa clase política sen prestixio que padecemos, dín as enquisas, e que á vista dos feitos difícilmente pode ser doutra maneira.

O tema que agora ocupa ós focegos é o referido a algo que pode ser traumático para o futuro dun pobo que leva por divisa a condición de turístico e residencial, faceta que hoxendía constitue a súa primeira actividade e mesmo a razón de existir: estamos a falar do polémico tratamento da depuradora, sobre o que este cronista tense pronunciado, sen paliativos nen concesións a posibles vai-vens dos que endexamais participou.

É éste tema vello, vixente dende hai unha ducia de anos en que os entón gobernantes, en lamentable alarde de barbarie, defenderon, e consumaron, unha instalación rexeitada por moitos cidadáns que advertían dos perigos, dos efectos nocivos, logo confirmados, e que, alguns dos defensores da desfeita, que negaban toda posibilidade de perxuizos para o desenvolvemento da vida cidadá, queren perpetuar, cando o procedente, o honesto, sería que pediran perdón á veciñanza polo insulto que significou o cheiro que a obrigaron a soportar.

En artigo que publicamos o 21 de setembro de 2001, decíamos: :”Ninguén dubida da necesidade da actuación, pero a evidencia obriga a ser cautos e reflexivos e non permitir que tal feito deixe secuelas nefastas para o futuro de Foz. A beiramar é o maior atractivo destes pobos. E dende hai moitos anos a nosa ven sendo masacrada e polo tanto devaluada a que é materia prima na que se asenta a oferta dos nosos atractivos. Non é facil entender cómo o trebello, co risco permanente de danar aquela paraxe e o seu entorno (e qué entorno!), se ubique en lugar de privilexio cando compre a mesma función en calquera outro”.

É éste un plantexamento que doce anos despois mantemos íntegro ou, se cabe, con maior énfase, trala experiencia vivida, inevitable por outra parte, pois non cremos que exista máquina da que alguen poda asegurar que nunca fallará o seu correcto funcionamento e que polo tanto nunca se darán as secuelas de todos coñecidas; aseverar tal é pura utopía, e non poden tomarse decisións baseadas en presupostos utópicos, irreais, como algúns que se escoitan: dar por boa a falsa premisa podería provocar incidentes de incalculables e dramáticas consecuencias e nós entendemos que non existe aforro posible que poda siquera compensar a posibilidade, aínda que sexa remota, de que no escenario ó que aludimos (ría e porto), se produzan algúns deses incidentes.

Un ten que recoñecer, e o fai con toda sinceridade, o menguado da súa intelixencia porque, por voltas que da ó asunto, non é quen de entender cómo en pleno século XXI, persoas nos seus cabales, defendan a permanencia da depuradora en lugar tan carismático e tan sensible ás agresións medioambientais, tan negativas para a imaxe e o benestar, no corazón mesmo dun porto integrado no centro vilego, en cuxo espacio teñen lugar os mercados semanais, as festas de verán, eventos gastronómicos, concertos musicais, espectáculos folclóricos, feira do libro, lugar de expansión de vellos e de nenos nos xardíns Conde de Fontao, nas terrazas das cafeterías e dos deportes: piraugas, vela, natación ; que perfuma as instalacións da piscina alí ubicada, contemplan os noxentos verquidos á ría e mesmo recibe con tales cheirumes as autocaravanas que se apousan naquela explanada….e un dos itinerarios preferidos para a camiñada de indíxenas e foráneos que aquí acougan para disfrutar dunhas fermosas paisaxes, dunha natureza incontaminada.

Resúltanos incrible, por demencial. Efectos nocivos que no caso da permanencia e aínda ampliación(¡!) incidirían, con maior virulencia, non só nos veciños, que sería abondo, senon nas persoas que se acerquen a nós: visitantes, turistas, veraneantes e demais ós que afastaríamos cos cheiros multiplicados ó ser maior a envergadura do proceso e polo tanto tamén a incidencia na causa/ efecto,…E entón sí que poderíamos pechar o chiringuito.

Estamos ante un dilema que mesmo pode ser decisivo para o mañán do pobo e os focegos/as temos a obriga moral de estar a altura das circunstancias, valorando, dende a responsabilidade, obxetiva e razonadamente, a posible transcendencia da mesma.

Lector/a amigo /a: non te deixes embaucar, pensa por ti mesmo/a, sen interferencias alleas e defende o que a razón, dende a túa autonomía personal e honestidade, e os teus sentimentos de focega/o, nativo/a ou achegado/a, libre de ataduras e servilismos, che dicten. Sé ti; seguro que vas acertar.

O esforzo merece moito a pena.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES