O rei do mundo
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 03 de diciembre de 2012
Hai xente que se queixa porque sofre. Co balsámico que é sufrir. Axiña lle contas as penas a alguén e é nese momento cando un queda algo así coma baleiro. Non hai cousa máis bonita que desafogar.
Sénteste o rei do mundo, porque sabes que estás a acaparar toda a atención. E sabes que sempre hai alguén que se compadece un chisco de ti. Aínda que sexa mentira.
Co bonito que é sufrir. Incluso ás veces te quedas nunha pose de película; esa na que te enfocan coa ollada perdida nun punto infinito. É unha imaxe moi suxestiva
como sofre, o pobre!
Non vos queixedes por sufrir. Sufride e veredes cómo alguén vos dá unhas palmadiñas nas costas
aínda que sexan falsas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora