Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando é peor o remedio ca enfermidade

viernes, 30 de noviembre de 2012
En Cataluña acaban de celebrar eleccións anticipadas, e a vista dos resultados, os problemas que de seu xa viñan arrastrando os cidadáns cataláns, en lugar de ter un viso de solución, incrementase e complícanse.
A desgraza dun país comeza cando se interrelacionan en tempo, en espazo e en forma, estes factores:

1. Criar un “chivo expiatorio”, por así dicir, un inimigo externo, culpable de todos os seus males e desgrazas.
2. Inventar unha historia pasada idealizada, chea de mitos, de símbolos e metáforas.
3. Controlar os medios de comunicación de masas, para que continuamente, de forma expresa unhas veces, e outras de forma mais sutil, emitan mensaxes que enraícen cos instintos en lugar de facelo coa razón.
4. Criar un Mesías salvador e seguilo.

Este cúmulo de despropósitos, é o cóctel adecuado para ir camiñando en dirección ao precipicio e de non darse conta, e en lugar de modificar a dirección, aceleran o paso. O resultado a corto vai a ser un enorme desastre, de graves consecuencias para o benestar dos cidadáns, e a largo, entrar nun círculo vicioso de empobrecemento, que vai a traer consigo mais miseria e diferenciación social.

Seguro que conseguirán a ansiada identidade, que non sei porque lles falta agora. Moita bandeira, moitos símbolos, moitas embaixadas, van a traer moita precariedade nos servizos públicos, principalmente en sanidade e educación, e quen o vai a sufrir con maior intensidade van a ser a capas mais desfavorecidas. Esta tendencia de precariedade, xa é notoria, e o que lles queda é facela visible e sufrila de forma intensa.

A historia danos magníficos exemplos, que gardan moita similitude, neste sentido, en que se diferenza a percepción que tiñan os nazis sobre o chivo expiatorio dos xudeus, eles eran os culpables de todos os seus males, coa percepción que se aprecia en certos sectores catalanistas en relación a España e o que signifique español. É tal o delirio, que multan a aqueles comerciantes que se atreven a rotular os seus negocios en castelán, en cambio non o fan se os rotulan en chino, ruso, inglés ou árabe.

A realidade é diferente cando se fan estas preguntas a futuro:

1. Cántas empresas multinacionais van a quedar no espazo catalán, unha vez, que Cataluña se independice e non forme parte da Unión Europea.
2. Cántas pequenas e medianas empresas van poder sobrevivir, cando o seu principal cliente é o resto de España.
3. Seguirán as dúas escolas de negocios de prestixio internacional: ESADE e IESE cos seus centros de referencia en Barcelona, ou irán camiño de Bilbao e de Madrid, e as sedes de Barcelona pasarán a ser unhas humildes sucursais.
4. Qué pasará coas industrias da botica instaladas en Cataluña, cando os seus clientes son os países da Unión Europea, e o principal é España.
5. Qué pasará coa industria do automóbil, pensemos en Seat, cando Cataluña, non forme parte dun territorio da Unión Europea.
6. Cómo van a conseguir o crédito que precisan para poder pagar a políticos, funcionarios, pensionistas, sanidade, educación. Neste momento non poder acudir os mercados, porque ninguén se fía deles, os seus bonos patrióticos están catalogados como bono basura. Acumulan unha débeda interna que está en torno os 50.000 mil millóns de euros.
7. Cómo van a asumir a parte de débeda que lles corresponde, por formar parte do territorio español, terá que ir parella o PIB, neste caso serán en torno so 100.000 millóns de euros. Xa estamos a falar de unha débeda de 150.000 millóns de euros.
8. Qué moeda van a emitir, dado que unha vez fora de da unión, non poden emitir euros, e que respaldo vai a ter.
9. As grandes empresas con identidade catalana, tales como Repsol, Gas Natural ou Planeta, seguirán en Cataluña, ou pensarán noutros contextos mais estables, que os que lles vai ofrecer esa Cataluña independente e illada.
10. Ónde irán os aforros dos inversores, ante a nacionalización da banca, quedarán nunha Cataluña intervida, ou irán en busca de mercados libres e seguros.
11. En que liga de fútbol xogará o Barcelona.

A ver se vai a ser, que as famosas balanzas fiscais das que tanto nos ten falado, e da inmensa contribución que levan feito a España, non é tal, e que estamos ante uns fogos de artificio, de contas sesgadas, de verdades a medias, e quen de verdade leva contribuído a que ese territorio teña un alto grado de desenvolvemento foi o resto de España, construíndolle infraestruturas, financiándolle olimpíadas, lexislando o seu favor dende o século XIX, para que a base aranceis, tivéramos que consumir os seus produtos, mais caros e de peor calidade. Non hai mal que por ben non veña, neste momento, vai en aumento ese sentir, de que se van de España, que se vaian, dado que levan moito tempo recibindo máis do que están aportando.
Entre eses políticos de agora, seguro que ten na familia algún membro daquela comitiva que no ano 36 se desprazou a Burgos, para implorarlle a Franco que os salvara do desvarío nacionalista.

D. Artur, ia en busca dunha maioría absoluta, tiña 62 escanos e veu de volta con 50, e dicir, perdeu doce nesa aventura. Ao mellor é que o que lle fixo os cálculos anticipados, utilizou e mesma fórmula das balanzas fiscais das que tanto nos ten falado, ou da veracidade da súa verdadeira historia, ou de quen é culpable de todos os seus males. A ver se vai a ser que inimigo está dentro e non o dan identificado.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES