Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dar fe

martes, 26 de abril de 2005
Os notarios dan fe do que presencian e certifican, sendo o seu papel imprescindible na vida cotián das nosas comunidades, xa que toda operación mercantil debe reflectirse nun documento que se ha facer diante dun destes funcionarios públicos.

Dun tempo a esta parte, os notarios comezaron a informar ós seus clientes do rigor que se vai aplicar na identificación de tódalas persoas que diante deles comparezan, por coñecidos que sexan, e da claridade que ten que rexer nas operaciones nas que interveñen, todo dentro dunha macrooperación do goberno para loitar contra o blanqueo de diñeiro ou evasión de capitais, na loita por facer que cada día se parezan máis a España real (a do diñeiro negro; a da economía submerxida) e a España "económica", sempre con cifras moito máis baixas das que na realidade se manexan.

O tema é ben dificil porque nos falta cultura de contribuíntes e sóbranos cultura de defraudación. Saímos -xa hai ben tempo- dunha situación na que non se pagaban impostos directos, quedando toda a nosa participación canalizada por impostos indirectos, que non nos responsabilizaban como tales contribuíntes. Custa sair dunha situación así, aínda que case vaian trinta anos dun plantexamento ben diferente.

Aínda pervive a división absoluta entre diñeiro negro e blanco, entre declarado e real, entre legal e ilegal, aínda que este último concepto non estea asumido de todo.

Por eso o Ministro de Xusticia ven de pedir ós notarios que sexan escrupulosos na vixiancia de posible blanqueo de diñeiro, e comuniquen ás autoridades competentes calquera sospeita que poidan ter en relación coas operacións das que teñan coñecemento por razón do seu cargo.

Trátase de dar fe con plena consciencia, en conciencia. E refírese a materias delictivas ostensibles, e non a pequenos manexos de ocultación que, pouco a pouco, pola propia dinámica social, irán desaparecendo, ou eso hai que agardar.

É curioso. Sempre se nos dixo que "Fe" era cre-lo que non vimos. Neste caso, os notarios só dan fe do que ven e do que saben por constancia documental.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania