Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corenta por cento

viernes, 30 de noviembre de 2012
A Comisión Europea recomenda, pide, que as grandes empresas teñan un corenta por cento de mulleres nos seus consellos de administración e postos non executivos. Non se trata dunha orde, que non pode ordenarse algo así, especialmente se se trata de empresas privadas senón unha recomendación, un obxectivo para o ano 2020.

A medida foi aprobada polos comisarios comunitarios, que inicialmente tíñana rexeitado, e vai vincular a todas as empresas que coticen en bolsa pero non será de obrigado cumprimento. E aínda así, falta que o Consello Europeo aprobe esta recomendación, que non todos os membros están de acordo na súa implantación.

Na actualidade, o oitenta e cnco por cento dos membros dos consellos de administración son do xénero masculino, pretendendo con esta iniciativa equilibrar esta situación de xeito que se dea paso ás mulleres a postos directivos das empresas.

Non se coñece de onde sae a porcentaxe do corenta por cento, xa que se se pretende ser xustos na materia esta porcentaxe debería ser do cincuenta por cento. Dubidando de que unha medida coma esta vaia mellorar a situación, xa non digamos solucionar un problema que o tempo e a evolución social irá solucionando aínda que pode comprobarse que cunha grande lentitude.

A noticia evidencia desigualdade, e interese porque a situación se normalice. E aínda que non teña efectividade real, alomenos é unha declaración de intencións, coa seguridade de que ese é o camiño, e que se as mulleres teñen conseguido triunfos clamorosos nas últimas décadas, gañarán seguro esta batalla, máis axiña ou máis tarde. O das porcentaxes é un recurso, máis estético que realista, máis demagóxico que efectivo. Pero o tema está aí, e o tempo – e o traballo das mulleres – conseguirá nivelar a situación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES