Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Levarse ben

miércoles, 28 de noviembre de 2012
En tempos, eso de “levarse ben” referíase exclusivamente aos matrimonios, que nin había outro tipo de unións legais nin oportunidade de que os políticos fosen de máis dunha cor, polo que en lugar de relacións de iguais había acatamento e disciplina.

Agora, o de levarse ben vale para todo tipo de parellas, e naturalmente para as parellas políticas que se forman provisional ou definitivamente, para concorrer a unhas eleccións, para toda a vida, ou para conseguir a gobernación dunha institución

As parellas políticas máis importantes de Galicia foron sen dúbida as formadas polos PSOE e o Bng, que aínda aparentemente non conciliables, formaron parellas de feito que mesmo chegaron a gobernar durante catro anos a Xunta de Galicia, e conseguiron rexer concellos tan principais como Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo ou Santiago, e a Deputación de Lugo.

O tempo, que todo vai alterando, foi facendo desaparecer –con episodios xudiciais nalgúns casos polo medio- os pactos en Ourense, Vigo, Santiago e Lugo, quedando neste momento vixentes –polo que a capitais se refire- só o do Concello de Pontevedra e a Deputación de Lugo, que non parecen ter o menor problema para desenvolver o que en principio puido parecer difícil maridaxe.

Se importante é nas parellas levarse ben, máis nas institucións. Que se das parellas dependen as familias, das institucións depende a normalidade política e administrativa de milleiros de familias e persoas que precisan ter un marco de tranquilidade para desenvolver existencia e actividade.

Levarse ben, pois, é imprescindible en calquera caso. Que ocorra na política e na Administración é difícil pero, polo que se ve, non é imposible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES