Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maratóns de lectura

lunes, 25 de abril de 2005
O vicio ou a virtude da lectura debera ser preocupación primordial de todo pai, de todo ensinante, de todo gobernante. O vicio ou a virtude da lectura debera ser a primeira ocupación da persoa, inmediatamente despois do tempo adicado ó cumprimento das obrigas profesionais ou persoais.

Pero seguimos a ser un pobo escasamente lector, malia que temos a facilidade doble de poder facelo en dous idiomas, a vulgarización das edicións, a profusión de xornais, e as continuadas ofertas deses mesmos xornais de todo tipo de publicacións complementarias, de enciclopedias, videos ou libros.

As últimas novas que nos chegan de promoción da lectura proceden de La Voz de Galicia, que ofrecen o Atlas de National Geografic, como antes El Pais, ou a do diario El Progreso de Lugo que cada sábado agasalla ós seus lectores coa revista ¿Que me dices?, de alto contido cordial.

Pero a última moda de promoción da lectura son os maratóns que toman o seu nome da mítica carreira desde Maratón a Atenas, algo máis de corenta kilómetros, que trasladada ó terreo da lectura debera significar corenta libros ou corenta capítulos lidos en voz alta para exemplo dos que escoiten.

En Foz veñen de facer un maraton de lectura sobre Cunqueiro; en toda Galicia, sobre Don Quijote de la Mancha, agora que se cumpren catrocentos anos de que Don Miguel de Cervantes Saaavedra - que ó ter a súa linaxe "nos montes de Leon", cabe supor que era xenuinamente lucense, do Concello de Cervantes- escribira a máis famosa das novelas de cabalerías que no mundo houbo.

Estes maratóns, no que participan autoridades provinciais e locais, escribidores e deportistas, militares con ou sen graduación, xentes da cultura, nenos, amas de casa e público en xeral, son unha solución socorrida para as institucións que queren organizar actos sen mollarse na
aportación económica. A súa rendibilidade promocional é dubidosa, pero queda ben tanta participación e a todo o mundo lle gosta demostrar que coñece o Quijote, ou alomenos que o da lido con certa soltura.

Do día do Libro ó Día das Letras Galegas, leamos en público ou en privado; un anaco ou de xeito indefinido. Que moito nos queda aínda por andar neste camiño da lectura e da cultura.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES