Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tratar con nenos

martes, 27 de noviembre de 2012
“A letra con sangue entra”, era unha máxima que noutros tempos rexía no mundo da educación, reflectindo a dificultade da tarefa e indicando que o alumno debía sufrir se era preciso para asimilar coñecementos. Visto con ollos de hoxe é un absurdo como máxima e como realidade, como o é a que a sucedeu no tempo: “A letra con sangue entra, pero do mestre”.

Non hai que “facer sangue” para educar, aínda que ás veces a realidade parece superar calquera ficción, e as novas que proceden do centro Principe Felipe de Pontevedra, de ser certas, evidencian que alguén quedou anclado nun tempo que xa non é nin siquiera historia.

Que un neno difícil, de nove anos de idade, sexa pechado nun despacho, espido da cintura para abaixo ou atado con bridas, descalifica a un centro, ao equipo directivo e a todo aquel que teña coñecemento do feito e non revolva Roma con Santiago para que algo así se corrixa de inmediato.

O tema está sendo abordado en dilixencias xudiciais, para clarificar os feitos e establecer responsabilidades, entendendo que se trata dunha excepción que confirma a regla de que a educación ten que estar presidida por un equilibrio de forzas no que os maiores nunca poderán usar da violencia para conseguir o resultado apetecible.

Tratar con nenos é difícil. Pero para eso se forman dspecialistas en centros axeitados, aos que acoden persoas con vocación de ensinantes que disfrutarán transmitindo coñecementos e xeitos de vivir. Quen non saiba tratar con nenos, que non se meta no mundo da educación, no mundo dos nenos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES