Ideas atrofiadas
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 26 de noviembre de 2012
Un furacán percorre o videoclip de Michael Jackson e os meus ollos que escudriñan as letras que acabo de escribir. Bulen as ideas para plasmalas no papel. Pero non asoman. Non consigo conxugalas. ¿Unha bala na recámara para ser disparada? ¿Un bico entre dous cativos que se abrazan no parque? ¿Unha cunca de café na que caen as letras dunha canción de Lolita? Mestura de dixomedíxome sen conxunción.
Seguen os ollos a percorrer as letras, as palabras, as frases e quedo bloqueado sen saber cómo seguir. ¿Unha bomba que está a piques de estoupar de novo en Irán? ¿Un asubío dun home que camiña por entre a néboa? ¿Unha lapa que queima a conciencia dun político? ¡Imposible!, estes son inmunes a todo.
Rematei o relato e non conxuguei nada. Ideas atrofiadas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora