Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novo goberno

lunes, 26 de noviembre de 2012
Hai un lóxico clima de provisionalidade no goberno galego e nas institucións que del dependen diante do novo tempo político que vai comezar o próximo sábado, un de decembro. E é natural que así sexa, que aínda que os Populares van gobernar os próximos catro anos con maioría absoluta, só se coñece o nome do que vai pilotar a gobernación de Galicia, pero non os dos e das que o van acompañar nesta primordial tarefa.

Nomee ou non un vicepresidente, manteña a paridade entre conselleiros e conselleiras, manteña no seu posto de conselleiro a varios dos que actualmente o ostentan, a composición do futuro goberno é un enigma, séndoo – polo tanto- a liña que cada consellería vai seguir na administración dos asuntos da súa competencia.

Vese que tamén neste caso o Presidente Feijóo sabe administrar os seus silencios e non se coñecen nomes das persoas que poden acceder á dignidade de titulares de consellerías, nin dos que van permanecer no seu cargo. Por eso é natural a sensación de provisionalidade nos altos cargos e nos non tan altos que dependen na súa continuidade dos nomeanentos que se farán a comezo do próximo decembro.

Queda unha semana de agardar por parte dos que algo poden esperar da lotería política dos nomeamentos. E despois, a traballar, que o camiño é longo e os temas moitos e moi difíciles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES