Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Declaración

viernes, 23 de noviembre de 2012
O xoves foi o día en que Orozco compareceu diante da xuiza que leva asuntos tan vitais para a capital lucense como esa operación con nome de debuxo animado – Pokemon- e da súa declaración dependerá boa parte da evolución política da
capital lucense nos tempos inmediatos.

Orozco quixo declarar adiantado no tempo, e a xuíza non llo consentíu. Porque os tempos da Xustiza non teñen que ver cos tempos da política, e os políticos teñen que axustarse a ese tempo lento, grave, impreciso, como conxelado, da Xustiza.

Fai mal Orozco en tomar aparentemente a broma as imputacións, estimando que un alcalde ao que non imputan dúas veces cada ano non é bo alcalde. Parece mentira nun alcalde tan asisado, filósofo e profesor, que xogue coas “cousas de comer”. Hai cousas coas que non se deben facer bromas, e dame a min que con estos temas, bromas as menos posibles. Porque sempre hai un alcalde que comenta que moi malo debe ser el que non o dan imputado nin unha vez sóa durante o seu exercizo político.

Outra cousa que dixo Orozco cando debía estar moi calado foi que está onde está porque os lucenses o quixeron así cos seus votos. E eso só pode dicirse cando un é cabeza da lista máis votada e non o producto da suma de dúas forzas non homoxeneas, produto heteroxeneo, legal si, pero que non da para botar a lengua a voar como se todos os lucenses o seguiran con similar atracción que a que despertaba o flautista de Hamelin.

Declarou Orozco diante da xuiza, e cabe supoñer que non o fixo coa liviandade de manifestacións pasadas, porque se xogaba moito nunha comparecencia coma esta. E xoga a dúas bandas: de cara á xuíza, e de cara aos lucenses. Non sei que será máis importante para un político. Que se da xuíza depende a súa tranquilidade penal, dos lucenses depende a súa tranquilidade política, todo nunha atmósfera irrespirable sobre a que moitos opinan que aínda quedan elementos por asomar ao exterior da opinión pública, e asuntos que expoñer diante da luz e dos taquígrafos.

Os concelleiros do Bloque reaccionaron fulminantemente dimitindo dos seus cargos no goberno municipal diante da situación planteada. Só Orozco permanece no seu posto, inamovible, impertérrito, vivindo momentos críticos que posiblemente son só a punta do iceberg da inquedanza do goberno municipal diante da tormenta perfecta que sufre o concello.

Xa que estamos no ano de Celso Emilio, se Orozco fose dado á poesía, diante da súa situación e da do concello, estes días podería mentalmente recitar: “Chove, chove na casa do probe; e no meu corazón tamén chove”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania