Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A máquina do tempo

viernes, 23 de noviembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Hai un ano que o PP subiu ao poder, coido que acadaron o maior invento da humanidade, a máquina do tempo. Neste ano o goberno foi capaz de trasladar a case 45 millóns de españois, desde o ano 2012 ao ano 1965 do século pasado. Unha pasada de invento, son os mellores.

Aquí o tendes....un ano enteiro, machacando e inventando: Milleiros de familias desafiuzadas; abandono case total dos nosos avós; maioría dos servizos públicos privatizados; millóns de persoas están nas filas do paro; os bancos de alimentos cheos de peticións e sen poder facer o seu traballo; familias enteiras alimentándose dos comedores sociais, beneficencia e remexendo os contedores; dereitos dos traballadores tirados ao carallo e o estado do benestar desmantelado; dereitos do ser humano que xa non se respectan; folgas xerais esixindo os traballadores os seu dereitos, folgas de fame para recibir axudas da dependencia e suicidios de desesperación.

Non encanto, os ricos máis ricos e os pobres máis pobres e moita xente da chamada clase media (créndose unha mentira de que eran uns Onassis) case desaparecida. Este goberno nun ano estiveron enchéndolle o buche  aos banqueiros e grandes corporacións empresariais, ou sexa, gobernando para o 0,50 por cento deste país chamado "marca España". Esta España dos perdedores e oprimidos  que,  volveu na folga de 14N a ser apaleada polas porras de varias policías que sempre están ao servizo do poder.

Que ten que pasar nesta Españistán para trocar dunha vez esta sangría da que falaba anteriormente, incluíndo a grande corrupción xeneralizada. Pois ten que pasar que esa santa compaña de arribistas, chupatintas, picafollas e estómagos agradecidos dos medios que meten gato por lebre, intentado compracer aos que nos queren chupar a sangue da inmensa maioría: temos que tratar de anulalos e desenmascaralos xa. Sabemos moi ben que son estes mal nacidos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES