Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querer a Galicia

viernes, 22 de abril de 2005
A convocatoria de eleccións en Galicia, parece que non colleu de sorpresa ós partidos políticos que han concorrer ós comicios, independentemente da situación interna de cada quen.

O de máis rápida reacción foi o Psoe que, ó día seguinte do anuncio da convocatoria, xa publica as primeiras páxinas propagandísticas na prensa proclamando o que se supón vai ser a bandeira propagandística da súa campaña: "Galicia como a queremos". Anuncian que están "preparados para gobernar", á vez que "entusiasmados, esperanzados, optimistas, convencidos, seguros e agradecidos", e así colócanse na campaña que, iniciada hai moito tempo, entrar na súa fase definitiva a cincuenta e nove días vista do "Día D".

"Presidente Touriño" vai ser un lema, repetindo a fórmula que obtivo éxito nas xerais, que a moitos non di nada pero parece que enganchou.

Ós tres partidos que teñen agora representación parlamentaria intenta unirse o P.G., que estes días andaba tamén de precampaña, presentándose como árbitro dunha futura situación problemática, querendo "moderar" a política galega. Mágoa que o partido de Castelao, Bóveda, e tantos outros grandes da política e do ser de Galicia se vexa hoxe convertido en refuxio de políticos procedentes doutras forzas que atopan aquí tranquilo acomodo. Pero queren a Galicia.

Todos queremos a Galicia; esta Galicia que non chega ó 75% do nivel medio das rexións da Unión Europea, que vai -gracias a esto- conservar os 720 millóns de euros ó ano das axudas europeas durantes un sexenio máis, coa condición de que se reforcen os investimentos en formación e innovación.

Todos queremos a Galicia, pobre pero honrada, que nos parece ter evolucionado radicalmente nos últimos anos, pero moito aínda lle falta para ser un país desenvolvido que non por estar nunha esquina da civilización merece estar nos últimos postos da clasificación social.

Todos queremos a Galicia, quizais por ese sentimento atávico de que os terreos máis difíciles, as condicións máis duras, son as que mellor vencellan ás persoas coa terra na que viven.

Todos queremos a Galicia. Pero hai quen é capaz de desenvolver un amor platónico sen compromisos e vencellos especiais, e quen polo seu amor da a vida, pouco a pouco ou dunha vez.

Pero para os políticos non existe o amor platónico. Falta saber se existe -vistas as navalladas que se adoitan pegar- se existe siquiera o amor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES