Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terceiros por abaixo

viernes, 23 de noviembre de 2012
A cantidade si que importa cando se trata dos emolumentos brutos que perciben os traballadores dunha comunidade, e neso os galegos somos os terceiros de España empezando por abaixo. Os antepenúltimos.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, os vascos son os traballadores que maior salario perciben ao ano, cifrándose en case vintesete mil euros (26.593,70), mentras que os que menos perciben son os canarios con menos de vinte mil (19.315,56). A cifra para os traballadores galegos é de 20.241.99€.

As autonomías españolas que reflicten maiores salarios para os traballadores son, e por este orde, o País Vasco, Madrid, Cataluña... e logo Ceuta e Melilla, Navarra, Aragón e Asturias. Por debaixo dos galegos só extremeños e canarios.

Non sabíamos a cifra pero si sabemos que os salarios son máis altos en Madrid, Cataluña e País Vasco do mesmo xeito que tamén alí os precios son máis altos. Que alí hai máis vitalidade e atracción para os investimentos propios ou foráneos, e que esto se traduce nun maior nivel de vida para os seus traballadores.

En Galicia témonos acomodado a ese papel segundón ou de remate das listas, basado en tempos na lonxanía, logo no ímpetu empresarial das outras zonas, e tamén na formación ou especialización dos traballadores. Sexa por unha das causas, por todas ou ningunha destas, a situación consolídades, e quedamos moi por debaixo da inmensa maioría das comunidades hispanas. E non leva traza de mellorar.

E, dura realidade, xa nos gustaría que esto se consolidara e non fose a peor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES