Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Irmandade da Sanidade galega

jueves, 22 de noviembre de 2012
O profesor e investigador Ricardo Gurriarán é o autor dun libro títulado “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago de Compostela (1900-1940)”, un percorrido polo período histórico máis brillante do século pasado con nomes propios apenas coñecidos polas novas fornadas de profesionais das ciencias da saúde. Todas as biografías reseñadas comparten o compromiso coa sociedade a través do galeguismo. Anos máis tarde, aquela sementeira daría os seus primeiros froitos. En 1958, o doutor Antón Beiras, discípulo daquela xeración de profesores universitarios, escribíu o primeito ensaio científico en lingua galega “Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos do estrabismo”.

Ao doutor Antón Beiras débeselle o invento do “Vigoscopio”, un aparello que permitía ver o fondo do ollo. Tal fora o éxito deste intrumento que pola volta dos anos sesenta fora convidado a participar nun congreso científico para explicar o alcance das súas investigacións, e fíxoo en lingua galega. Houbo algunhas que outras protestas, mesmo alporizadas, pero atallounas decontado, con sólidos argumentos como era costume nel, dicindo que se el tivera que aprender inglés, alemán e francés para documentarse e que o lóxico sería que os que quixeran coñecer as súas investigacións aprendesen a nosa lingua. E así foi! Un fito transcendental na historiografía da lingua galega que a dignificou naquel foro científico.

A historia de Galicia ofrécenos unha ampla nómina de médicos e investigadores identificados co humanismo e a nosa cultura. Juan Rof Carballo, Nóvoa Santos, Rodriguez Cadarso, López Nogueira e García Sabell representan o perfil de médicos preocupados pola ciencia e a preservación dos nosos valores patrimonais. Mágoa que os actuais científicos galegos non fagan ese exercicio intelectual de vehicularen o seu saber a través do noso idioma, dándolle deste xeito o rango do que é merecentes, acadando o prestixio que xa ten no ámbito literario.

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) naceu para recuperar ese discurso de galeguidade levándoo aos servizos públicos, respectando deste xeito os dereitos lingüísticos dos usuarios, amais de retomaren a filosofía da antropoloxía médica. Estes son os dous esteos sobre os que se propón desenvolver a súa actividade a ISAGA, que o próximo día 1 de decembro celebrará a II Asemblea en Vigo, no Centro Social de Novacaixagalicia, na rúa Policarpo Sanz, ás 12 horas. Previamente descubrirase unha placa conmemorativa no edificio da rúa Alfonso XIII onde vivíu Ramón Obella Vidal, médico, investigador e empresario, fundador da farmacéutica Zeltia, hai setenta e cinco anos.

Ramón Obella Vidal, xunto co catedrático de química Fernando Calvet, expulsado na Universidade de Santiago de Compostela en 1936, foron pioneiros na creación da industria farmaceútica en Galicia; primeiro foi o Laboratorio Miquel Servet e despois Zeltia. Ambos os dous foron adiantados no seu tempo, identificando a súa actividade investigadora e industrial coa lingua galega, que foi o medio de comunicación utilizado pola empresa do Porriño para pregoar as bondades dos seus fármacos e produtos químicos contra as pragas.

A ISAGA convida a todos os profesionais da sanidade a participar nos actos programados en Vigo e incarnidarse neste movemento anovador que ten como obxectivo prioriatario galeguizar os nosos servizos sanitarios. A lingua galega precisa de máis valedores nos hospitais e centros médicos, porque os máis dos seus usuarios fálana habitualmente.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania