Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mario Monti e Mariano Rajoy

martes, 20 de noviembre de 2012
ÓNDE ESTÁ A DIFERENZA ENTRE MARIO MONTI E MARIANO RAJOY

Italia e España levaban unha vida case paralela, no que a despropósitos se refire. Italia estaba gobernada por Berlusconi, e en España tivemos dúas lexislaturas de Zapatero, ambos deixaron os respectivos países o borde da quebra.

O 17 de novembro de fai un ano, o executivo italiano, guiado polo excomisario europeo da competencia Mario Monti recibía o voto de confianza do parlamento e púñase a gobernar Italia, tivo a valentía e o acerto de nomear como primeiro ministro a Mario Monti, que despois dun ano de goberno, e grazas a política de rigor, xunto coas reformas realizadas salvou a Italia da intervención, e en certo modo salvou tamén a eurozona.

Qué balance tan diferente o que pode presentar o Sr. Rajoy, que gozando dunha maioría absoluta, foi incapaz de endereitar o rumbo marcado polo goberno Zapatero. Rajoy colleu o país nun charco e teno metido nun lodazal, neste momento, non goza de ningún indicador anticipado fiable, que indique un cambio de tendencia.

Monti, foi sacando a Italia da zona de risco, distanciándoa dunha posible intervención, disociando o mesmo tempo, o seu país de Grecia, España e Portugal, en cambio, España día a día, vai xuntando o seu destino ó de Grecia. Mentalmente cada vez que sae Grecia a palestra, é inevitable que non saia España. Os resultados non poden ser peores, máis paro, máis débeda, menos crecemento, menos credibilidade e menos confianza. Todos estes factores, crean un círculo vicioso de pobreza, desesperación e de indefensión.

O triunvirato Rajoy-Montoro-Guindos, ten motivos para estar preocupados, e se non o están, son uns irresponsables, o tempo que levan actuando é suficiente para comprobar que as estratexias que deseñaron non son as adecuadas.

A valoración social do Presidente e dos seus ministros é lamentable. Que un presidente, ande en torno o 2,5 e que ningún do seus ministros alcance o aprobado, no primeiro ano de mandato, ten moito que dicir.

Isto demostra a falta dun líder, que tome decisións, que faga equipo, que teña iniciativa, que estea orientado a resultados e que sexa capaz de converter os obstáculos en recursos.

Esta falta de visión é unha das causantes de errar no diagnóstico, de aí que non se tomen as medidas que hai que tomar, que son fundamentalmente de carácter estrutural. O Sr. Monti, si tomou e vai a tomar estas medidas, e unha delas é a reorganización de estrutura territorial, suprimindo varias provincias. Esa visión, xunto coa misión e a acción foi o que levou a saír do túnel e empezar a ver a luz. En cambio, o Sr. Rajoy, segue metido no pozo que o deixou Zapatero, e para saír sigue cavando, vaia diferenza.

A ver que fai o Sr. Rajoy cara o ano que ven, dado que, a presión fiscal non pode incrementala, recortes, o non querer recortar onde de verdade hai que recortar, nada lle queda, as contas non lle cadran e os intereses que hai que pagar por a débeda van en aumento.

Ten a oportunidade de modelar o que fixo o Sr. Monti, que está no camiño do cambio e pode mirar con confianza o futuro. Cun ano de retraso inda está a tempo, neste sentido, cambie o rumbo, saia a rúa e vexa como ten o país.

Vostede vai deixar o PP como Zapatero deixou o PSOE, iso ó cidadán normal non lle preocupa, o que lle preocupa é como vai deixar España, que despois dun ano de desgoberno, vemos que vai de mal a peor.

Así que debe solicitar o rescate, asumir os compromiso que isto trae consigo, cargar co custe que isto lle supón para a súa autoestima, e canto antes o solicite mellor para todos.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES