Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desafiuzamentos

lunes, 19 de noviembre de 2012
É un parche, pero alomenos é a primeira pedra dun edificio que temos que erguer.

Ningunha conciencia pode aceptar o nivel de desagrado, indignación e ultraxe que se alcanzou na execución de desafiuzamentos, nos que os suicidios non son máis que unha mínima parte visible do iceberg das traxedias sufridas por medio millón de familias españolas afectadas polo problema das hipotecas.

Os menos dotados económicamente, os que están parados, os que non teñen fonte de ingresos que lles permita resistir os embates durísimos desta crise, ven en perigo as súas escasas propiedades pola voracidade das entidades bancarias.

Os bancos e caixas de aforro, nos anos da euforia constructora cansaron de ofrecer a precio de gangas hipotecas cuantiosas para aceder á propiedade dunha vivenda, animando aos hipotecados a ampliar as cifras resultantes para mercar os mobles, un novo automóvil ou unhas vacacións a corpo de rei. En tanto, as autoridades competentes a velas vir, deixando facer.

E agora que os tempos mudaron, os bancos embargan, as autoridades calan (ata agora) e os afectados sofren as consecuencias do seu desexo de prosperar e do afán das entidades crediticias por provocar o consumo.

Sen que exista consenso total entre as dúas primeiras forzas políticas, establécense medidas para que nos casos máis sangrantes non se proceda ao desafiuzamento. Componendas, amaños, parches... chámese como se queira. Un problema coma este hai que enfrontalo de xeito moito máis directo, máis rotundo, máis honesto.

Se hai que cambiar a Lei, que se cambie xa, que o noso Poder Lexistativo está para esto, e témolo ben dotado – mesmo económicamente- para que proceda con dilixencia.

Cada desafiuzame4nto é un insulto á sociedade. E de insultos, inxusticias, recortes; de problemas estamos verdadeiramente fartos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES