O trece de outubro, os alumnos da Uned Senior de Xestoso viaxamos á cidade de Lugo, onde visitamos as obras de excavación dun Mitrario, entre as murallas e a fachada da catedral. Un Mitrario era un templo ou lugar de culto dedicado á diosa Mitra. Posiblemente, a catedral fora construída neste lugar para cristianizar estes templos paganos, despois de que Roma, co emperador Constantino, adoptara a relixión cristiana como a oficial. Detrás da catedral, pódese contemplar unha piscina romana.
A continuación, camiño do Museo Provincial, vimos, diante do edificio da Subdelegación do Goberno, a reprodución dun Miliario, coas inscripcións e as direccións dos camiños que conducían a Astúrica e Brácara, que, xunto con Lucus, eran as tres capitais da Gallaecia.
No Museo Provincial, vimos mosaicos romanos, estelas funerarias, unha exposición de lucernas(lámpadas) de diferentes partes do mundo, unha exposición de arte galega: debuxos e gravados de Laxeiro, de Camilo Díaz Valiño, de Carlos Sobrino, de Castelao, de Julio Prieto, de Manuel Castro Gil, etc. Puidemos contemplar, asimesmo, outra exposición de diferentes obxectos, sobre todo, reloxos. Había tamén obras do gran escultor Francisco Asorey González: San Francisco de Asís e a Ofrenda a San Ramón. E, por suposto, admiramos o Tesouro do Museo, con pezas de ouro da Idade do Bronce, torques, etc.
Xa de volta ao autobús, puidemos ver unha exposición de arte africana, na súa maioría tallas da zona do centro de Africa e da conca do río Níger.
Coma sempre, foi unha viaxe moi interesante.