Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre Paco

jueves, 21 de abril de 2005
Falando en clave política, en Galicia, como Paco temos que rexistrar dous con área de influencia teórica relacionada coa administración local, pero con influencia práctica moito máis aló.

Nas terras lucenses, Paco Cacharro, Alcalde de alcaldes, Presidente da Deputación Provincial desde 1983, pero con anteriores responsabilidades de representante popular e conselleiro.

Nas mariñas coruñesas, Paco Vázquez, Alcalde da cidade "cabeza, guarda y llave del Reino de Galicia", que resultar ser moito máis ca un alcalde de algo moito máis ca unha cidade, referente para propios e alleos como exemplo de político populista.

Mentras Paco Cacharro é pouco dado ós baños de multitudes, aínda que goza da devoción dos que o rodean, Paco Vázquez cultiva esa natural capacidade de relación, e é doado velo en calquera lugar de concentración de masas gozar do contacto directo e da impresión que causa.

Paco Cacharro é máis previsible nos seus silencios; nas súas discrecións. Paco Vázquez pode sorprender como onte fixo proclamando a quen queira escoitalo que Fraga non está acabado que, desde logo, "equivócase quen queira vende-la pel do oso antes de cazalo".

Paco Cacharro permanece sempre dentro da ortodoxia. Paco Vázquez vai por libre, aínda que deixe ós seus -especialmente a Touriño- con tódalas sensibilidades ó aire.

Sempre Paco na Coruña, aparentemente irreductible. Sempre Paco en Lugo, controlando tódolos fíos da política provincial.

Sempre fai falla un Paco para animar unha arte-ciencia como é a política local e provincial, que senón sería demasiado monótona.

No caso de Paco Cacharro, consígueo cos seus silencios. No caso de Paco Vázquez, coas súas andanadas.

En Ourense e Pontevedra tamén teñen os seus Pacos, pero chámanse doutro xeito.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES