Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A aura da abundancia

viernes, 16 de noviembre de 2012
Sabido é que os españois pasamos uns cantos anos no desleixamento de que éramos ricos. Non perdíamos as ocasións de demostralo en pomposos actos públicos, e aínda non chegaban, posto que individual e familiarmente, tamén facíamos alarde, directamente ou con coidada simulación, do noso benestar: Cambio innecesario e competitivo de coche; recuperada arrogancia dende unha situación de humillación pola inmodestia dos acomodados, que antes censurábamos e logo asumíamos, semellándoos; pomposas bodas, bautizos, primeiras comuñóns, etc., con unha máis que ostentosa dilapidación; adquisición de segundas vivendas, incluso de luxo; os roupeiros cheos con roupa que no transcurso dunha estación xa estaba fora de moda; as lúas de mel ao luar dos países máis paradisíacos de Centro América...: Onde non chegaban os recursos propios, cubríanos os créditos bancarios, e os estímulos non faltaban, porque as axencias de turismo facían ben o papel.

Pero tampouco se quedaban de rémoras os organismos e entidades públicas. O asfalto corría ata as entradas das casas, substituíndo nalgunhas os fermosos contrastes xerados pola profusión das distintas cores naturais, e non poucas veces servía para adobar os votos coa ideoloxía da quenda. Postes e luces, festonando os camiños, de forma que hoxe en día nunha noite escura da a impresión de que todos os pobos están en festa.

As subvencións cubrían con prodigalidade, e selectivos motivos políticos, os desexos de moitos aproveitados para restaurar casas rurais sen ton nin son. As necesidades de edificios públicos, in crescendo pola proliferación de funcións solapadas, cubríronse con portentosas edificacións de nova planta ou custosos alugamentos, e abandonouse o coidado doutras existentes, como o evidencia o feito de que hoxe pretenden vendelas
E non falemos da cantidade de xente que foi xubilada antes de tempo inxustamente, e ata é posible que moitos deles pasaron parte da súa vida sen traballar, amparados por diagnósticos equivocados(?!), ata que acadaron a xubilación: Son os que hoxe berregan nos mostradores dos bares, precisamente contra aqueles que non hai moitos anos os favoreceron. Daquela éramos ricos...!.

Pero é que aínda non deixamos a “aura da abundancia”. Lean a prensa: As comisións dos concellos máis endebedados, nas festas e feiras de dous ou tres días, contratan máis orquestras que nos anos da chea; cada semana hai xuntanzas de enchentes e esmorgas en moitos pobos, sen preocuparse de que existen familias que teñen que comer en Cáritas e durmir cos seus meniños nas rúas; mais isto non esperta ningún sentimento de solidariedade, que non é só económica, senón tamén a dun comportamento cívico máis consoante coa situación, no que a moderación afogue ás pouco apropiadas manifestacións de arrogancia e desproporcionada, por aloucada, ledicia.

Ah...!. Quen ten que ser solidaria é a señora Merkel, non nosoutros. Pois ben; permítanme que lles diga algo ao respecto. Na primeira decena de outubro do 2.004, estaba eu en Berlín, e hospedábame no andar 15º do Hotel Senator, que está nun altiño, e dende alí víamos, a miña dona e eu, panorámicamente toda a capital: todas as noites as 12 horas apagábase a maioría das luces públicas, só podíamos ver as dos trens que chegaban a estación ou as dos avións no aeroporto.

Mentres tanto nosoutros, os españois, estábamos poñendo luces en todos os recunchos do país, asfaltando congostras, construíndo pomposos edificios públicos, estendendo para TODOS os servizos sanitarios, ata fora das fronteiras, sen criterios serios e contrastables. E incluso hoxe non me estrañaría que houbera xente cobrando o subsidio de desemprego dende algún país estranxeiro, mantendo ao día as súas obrigas mediante o ordenador.

E que seguimos sendo ricos?. Ou acaso esqueceron que a caridade empeza polos da casa?. Xa sei, xa sei..., eles tamén teñen votos. Menos mal que non parece que sexan moi decisivos, porque senón estaríamos, aquí na Galicia, en concreto, gobernados por decisións propiciadas polos que están fora dende hai moitos anos.

E non me veñan coa andrómena de que “son galegos da quinta provincia”: Son fillos e incluso netos de galegos que tiveron que emigrar, e aquí hai moitos dentro que son galegos da indixencia, da desgraza, desafiuzados, sen pan..., que traballaron nestas terras, e tributaron á Facenda, con dereitos preferentes, ao menos eticamente.

Por favor...!. Sexamos máis reflexivos, asentemos a cabeciña, e empecemos por tomarnos máis en serio uns aos outros, se queremos que dende fora nos vexan con respecto e non con altivez, os máis sisudos, e con falsa admiración, os máis favorecidos.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES