Desafiuzamentos, vergoña do país
Cardalda, Theo - jueves, 15 de noviembre de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Ollando o diario de sesións do Congreso, pérdome en cantas propostas debeu presentar a esquerda IU, ICV, CHA, BLOQUE etc.(non mesturar co PSOE) nesta lexislatura e na anterior sobre os desafiuzamentos. Todas derrubadas, ningunha apoiada polo PSOE nin polo PP. Da última, coido que foi en marzo deste ano, foi desbotada coa abstención do PSOE.
Na rúa sempre houbo protestas, folgas de fame, suicidios; 350.000 desafiuzamentos nestes últimos anos e agora o PSOE e PP están consensuando para unha solución deste drama sen contar coa esquerda parlamentaria nin coas plataformas dos cidadáns afectados. Pode ser que non queiran a ninguén nesas xuntanzas do bipartidismo para non ter que ver aos directores de orquestra dando ordes aos dos iguales para hoy. Poida ser que ao pé desas xuntanzas estean os Botíns de quenda dando consellos de como ten que ser a solución.
¿Quen vai crer a estes dous partidos na solución deste drama?.
O máis lóxico sería consultar a eses colectivos que coñecen moi ben o tema e que levan anos sufrindo e loitando contra este roubo. Como imos a crer a eses que agora van tomar decisións, que son os mesmos que as provocaron, ata o PSOE chegou ao colmo dos colmos, ampliando máis xulgados para axilizar os desafiuzamentos, ou sexa, primeiro instauran o desafiuzamentos express e agora veñen como aquel Robin Hood con medidas xenerosas para parar o problema.
Teñen unha cara máis dura (PP-PSOE) ca un zapato vello. Non chego a comprender como estes poden caer tan baixo tomando medidas ante a indiferenza do pobo. Estes dous partidos son o verdadeiro cancro deste país, sobre todo o PSOE que perdeu o norte, a súa identidade e xa non sabe nin a que xoga. Despois de todo este paripé, aparecerán como se foran heroes, dicindo que van trocar algo, cando ao ler a letra pequena nada vai dicir sobre os desafiuzamentos. Cada día que pasa vexo ao PSOE como un PASOK. Unha mágoa.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora