Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E agora, que?

jueves, 15 de noviembre de 2012
Pasou o día da folga e pasou a romaría da folga. E agora temos que preguntarnos se serviu para algo, se vai ter algunha utilidade, se conseguirá mover algunha postura de alguén que decida, sabendo de antemán que todo seguirá igual.

Se algún perdedor hai, son os sindicatos, empeñados en facer valer a razón da forza, en lugar de facer fincapé na forza da razón.

Cada piquete “informativo” que se propasa na súa actuación é unha mancha na súa consideración pública. Cada acción violenta desacredita non só a quen a exerce senón tamén a toda a clase sindical. E non están os tempos como para arriscarse a sufrir menoscabo na consideración pública de estamentos como a política ou o sindicalismo.

Despois do habitual baile de cifras entre convocantes e gobernantes nos que nunca hai coincidencia pero o desfase de onte foi estrepitoso, sempre queda un pouso que convén analisar e obter a lección que corresponda.

O malo é que, coa que está caendo, convocar unha folga xeral neste momento é como durante unha choiva torrencial facer buratos no paraugas que nos abriga da auga.

E agora, que?. Pois nada de nada. Nada bo, polo menos. E se convocantes e folguistas non o cren, que pisen a rúa e pregunten á xente.
Postos a preguntar, tamén os que nos gobernan poden preguntar á xente como ven o panorama que nos rodea.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania