Cunqueiro en San Martiño
Fernández, Suso - jueves, 15 de noviembre de 2012
O 11 de novembro de 1967, hai xusto 35 anos, día de San Martiño, visitaba o cenobio o insigne mindoniense quen pronunciou unha alocución, coa brillantez e a galanura nel habitual. Tratábase de festexar o remate das obras de conservación e restauración que, dende había un ano, viñan realizandose na igrexa e o seu contorno, por iniciativa da Dirección Xeral de Belas Artes, dirixidas polo eximio arqueólogo da USC, Manuel Chamoso Lamas.
Autoridades, xentes da cultura, e un numeroso público, ocupaban a praza da fonte da Zapata onde o ilustre tribuno, en fermosos parágrafos, ponderou o valor histórico e artístico do templo, cuxas pedras dixo, en belida metáfora parecen labradas por manos imposibles, pues se hace verdad la frase de Ruskin, según la cual en las catedrales los ángeles ponían su mano en una voluta, o un capitel, para expresar de modo admirable algún misterio. Quizás aquí ángeles cantores dieron lecciones a los que labraron este templo.
Ante tanta beleza coa que Cunqueiro describe o grande interese da igrexa, preguntamos ¿qué pensaría o xenial escritor se hoxe levantara a cabeza e se atopara coa barbarie que reflicte este canto á incultura, e da anti estética dos retretes ubicados como antesala do monumento, que rachan con toda harmonía de estilo e de materiais e mesmo danan a vista?, ¿e do insulto ás pedras milenarias labradas por manos imposibles que cantou o autor de Merlín e familia? Cando obra tan agresiva ós valores da arte e da historia, entón auspiciada pola Deputación, se levou a cabo, contou co beneplácito da Corporación Municipal e o seu equipo de Goberno defendeuna a capa e espada.
Só a Asociación de Veciños da parroquia alzou a voz ante o atropelo, presentando un proxecto alternativo sensato, respectuoso co contorno; pero quen manda non roga e aí quedou (¿a perpetuidade?) para vergoña propia e escándalo de alleos, como a cotío constatamos, aínda que de cando en vez os nosos políticos non reparen en declararse amantes e mesmo defensores do patrimonio cultural. Non é doado atopar incoherencia semellante.¡ Se Cunqueiro levantara a cabeza
!

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora