Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Árbores de trinta pisos

martes, 19 de abril de 2005
Nunha crítica á acumulación urbana nas macro-cidades, Adriano Celentano cantaba hai xa ben anos a "unha árbore de trinta pisos", nacida e florecida entre outros centos ou milleiros nunha monótona paisaxe de cemento e cristal.

Quen viaxe pola capital dos antigos paraisos comunistas, por Moscú, recibirá exhaustivas explicacións dos guías turísticos sobre as numerosas árbores de trinta pisos, máis ou menos, existentes naquela cidade, hogano restos de pasados esplendores, remendadas con cartóns, plásticos, tiras adhesivas ou paneis de chapa, para mante-lo tipo pasados os anos do seu florecemento.

E no canto amargo das "excelencias" de antano non se recatarán en contar con todo luxo de detalles que cada unha daquelas colmeas ten unha ducia de pisos por planta. E que cada un deses pisos, xa de por sí de tamaño modesto, está habitado por cinco ou seis familias que teñen que turnarse para ir ó servicio ou para utilizar a cociña, polo que non é extraño que a maioría do tempo os rusos anden pola rúa por non ter materialmente sitio nas súas casas. Se esto parece unha esaxeración, será unha "esaxeración turística", porque os guías moscovitas cóntano profusamente a tódolos visitantes.

En Moscú, o problema da vivenda non existe. Todos teñen a súa vivenda. Pero "case todos" ocupan a mesma.

Diante desta situación, os pisos de trinta metros presentados pola Ministra correspondente son unha solución perfecta. En Moscú terían un éxito arrollador.

Aquí, país de amplos horizontes, afeitos como estamos a non ter problemas de espacio vital, os pisos de trinta metros parécennos pequenos.

Do mesmo xeito que as árbores de trinta metros nos parecen demasiado altas.

Será porque somos un país eminentemente rural, e as casas do rural se algún problema teñen non é de espacio. Será porque a Ministra se equivocou de tempo e de país. Ou será que non soubo explicarse ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES